Aulas Tecnópole

 Aulas Tecnópole é unha iniciativa de divulgación da ciencia e da innovación que Tecnópole leva a cabo, por décimo terceiro ano consecutivo, para achegar a súa actividade á sociedade e contribuír a espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor entre os máis novos

Aulas Técnopole

Como?

Os estudantes, procedentes de centros de toda a provincia de Ourense, trasládanse unha tarde por semana a Tecnópole. Unha vez alí dispoñen das instalacións e recursos do Parque Tecnoloxico para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características.

Os estudantes, todos eles de Secundaria e Bacharelato, reciben formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto. Os seus ámbitos de traballo abranguen todas as áreas do coñecemento, dende as novas tecnoloxías e a informática ata as ciencias ou as humanidades.

Os participantes no curso terán ocasión de presentar os seus proxectos en diferentes feiras científicas de ámbito nacional.

¡NOVIDADES!   

Aulas Tecnópole xa está preparando unha nova edición. E como cada ano, buscamos talento novo que queira iniciarse no ámbito da investigación e as feiras e concursos científicos. Durante o curso, os estudantes inscritos na actividade aprenderán a desenvolver proxectos de investigación que posteriormente poderán presentar a feiras e eventos científicos nacionais. Para garantir unha aprendizaxe exitosa, contarán co asesoramento dun equipo docente de ampla experiencia que os acompañará durante todo o proxecto.

Este próximo curso, como novidade, fomentaremos o ámbito aeronáutico e aeroespacial, ofrecendo ao alumnado interesado propostas de traballo centradas neste ámbito. Así, poderán deseñar sondas estratosféricas para participar no concurso de microsatélites escolares CANSAT, crear túneles de vento ou deseñar o seu propio dron.

Para quen?

Prazas limitadas para 45 nenas/os de 12 a 18 anos de idade.

Cando?

Os xoves de 17:00h a 19:00h durante os meses de outubro de 2022 a maio de 2023.

Onde?

Instalacions de Tecnópole.

Transporte incluído dende varios puntos da cidade de Ourense.

Transporte incluído dende a Estación de Autobuses de Allariz.

Canto?

Cotas mensuais: 20 €.

Prazo

Do 2 ao 30 de setembro por orde de inscrición.

Inscrición

 
- PTG, S.A poderá decidir, por recomendacións sanitarias o cesamento da actividade presencial e/ou diminución no número de asistentes, trasladando na súa totalidade e/ou complementando a formación de forma online.
 
- En caso de suspensión de Aulas Tecnópole, ofertarase unha alternativa formativa online coherente coa formación de Aulas.