Instalacións deportivas de Tecnópole

Instalacións deportivas de Tecnópole

 
 
As instalacións deportivas coas que conta Tecnópole, cunha superficie de 16.000 m2 aproximadamente, foron totalmente remodeladas e actualizadas grazas a un investimento de máis de 300.000 euros por parte da Xunta de Galicia. Actualmente, están en uso: unha pista polideportiva descuberta, dúas pistas de tenis e unha piscina descuberta de 25 metros de largo e 12,50 de ancho.
 
A piscina dotouse dun sistema de depuración, os vestiarios e o propio vaso foron optimizados de xeito integral. Ademais, melloráronse as condicións para as persoas con mobilidade reducida, tanto na accesibilidade ao recinto como á zona de baño. As instalacións deportivas anexas tamén foron remodeladas, coa instalación de novas porterías, canastras, etc.
 
As instalacións contan con dúas novidades tecnolóxicas: acceso gratuíto a conexión wifi para todos os bañistas e unha aplicación móbil, tamén de descarga gratuíta, que permite aboar a entrada á piscina e tamén os servizos asociados a ela
 
Todos estes servizos están a disposición de calquera persoa, familia ou grupo. O custo da entrada é de dous euros, coa aplicación de bonificacións en caso de comprar un bono. Dende esta aplicación pódense adquirir os tecnópoles necesarios para poder acceder á piscina e o resto de servizos ofertados. Ademais os empregados das empresas pertencentes a Tecnópole dispoñen de descontos á hora de adquirir os tecnópoles a través da aplicación.
 
O aforo redúcese a un máximo de 250 persoas, das que ata 75 poden estar no vaso ao mesmo tempo.
 
Apertura do 15 de xuño ata o 31 de agosto de 2021
 
Horario de 12:30h a 20:30h
.
 

Esta apertura farase cumprindo toda a normativa definida dentro do protocolo de actuación de medidas fronte ao Covid19 entre as que cabe destacar:

1. As duchas vestiario permanecerán cerradas.
2. As duchas exteriores abertas.
3. Nos bancos do vestiario sinalizaranse as zonas de asento respectando distancia entre persoas.
4. Disporemos de dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada de cada vestiario e de papel.
5. Control de aforo (limitado ao 50% da capacidade máxima) con torno e aplicación.
6. Obrigatoriedade de respectar a distancia social tanto no vestiario como no exterior.


Links de descarga da app:
 
Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.rntecnopoleapp&pcampai...
 
iOS: https://itunes.apple.com/es/app/tecnopole/id1459531866?mt=8