Laboratorio de Biotecnoloxía

O laboratorio de biotecnoloxía é unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos que Tecnópole pon a disposición de empresas e centros nunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.
 
O uso do laboratorio está aberto a calquera empresa ou centro tecnolóxico ou de investigación de España, con tarifas especiais para as entidades situadas en Tecnópole e os grupos de investigación das tres universidades galegas. A utilización dos equipos pode formalizarse para un período de tempo que vai dende unha hora ata o número de días, semanas ou meses que sexan necesarios.
O investimento inicial realizado no laboratorio ascendeu a 477.000 euros, dos que o 75% foi financiado grazas a un empréstito do Ministerio de Ciencia e Innovación, concedido no marco da súa liña de apoio a proxectos de I+D realizados en parques científicos e tecnolóxicos.
 
A opción de contar con espazos propios de traballo e almacenamento de material, a liberdade de horario e o avanzado sistema de seguridade e control de accesos son algunhas das vantaxes engadidas desta instalación científico-tecnolóxica de última xeración.
 
Situado no edificio Tecnópole I, a planta de 310 m2 está dividida en dúas áreas:
  • laboratorio de uso externo de aproximadamente 85 m2 dispoñible para calquera entidade ou investigador interesado
  • laboratorio de uso privado que ocupa uns 225 m2 actualmente para uso exclusivo da empresa Akunatura de Ourense S.L. que tamén ofrece servizos de mantemento para todos os equipos instalados no laboratorio externo e ofrece asesoramento aos seus usuarios

Plano Laboratorio de Biotecnoloxía

 
 
Actuación cofinanciada por:

Condicións de Uso

O laboratorio de biotecnoloxía é un servizo especializado de soporte a actividades de investigación que permite aos seus usuarios gozar de todas as prestacións e a liberdade que ofrece un laboratorio propio, pero sen ter que asumir os elevados custos de adquisición e mantemento de equipos.
 
Boas prácticas – Confíase aos usuarios o adecuado aproveitamento dos recursos do laboratorio á vez que pon á súa disposición un Manual de Boas Prácticas.
 
Todo incluído – A limpeza, o mantemento dos equipos e os gastos correntes (luz, auga, aire comprimido, baleiro, electricidade, etc.) ligados ao uso das instalacións están incluídos na tarifa.
 
Bo estado garantidoTecnópole dispón dun plan de mantemento preventivo e correctivo dos equipos e instalacións para asegurar en todo momento o seu bo funcionamento e a dispoñibilidade dun servizo de reparacións en caso de avaría.
 
Máxima seguridade – O Departamento de Mantemento de Tecnópole encárgase de garantir a seguridade nas instalacións mediante:
  • Sistema de acceso personalizado a través de tarxetas electrónicas..
  • Control de entrada e saída..
  • Servizo de televixiliancia e seguridade nocturna..
Como na casa – O laboratorio está equipado de maneira que é posible o almacenamento baixo chave de equipos propios, mostras e material propiedade dos usuarios, o que evita o continuo, pesado e mesmo perigoso traslado de recursos.
 
Aberto a peticións – Os usuarios teñen a posibilidade de participar no proceso de mellora continua das instalacións solicitando a adquisición xustificada de novos equipos.
 
 
 
 
Actuación cofinanciada por:

Solicitude LaBiotec

En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, SA estamos a tratar os seus datos persoais polo tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios. Pode ter acceso a información adicional sobre como tratamos os seus datos na sección Política de Protección de Datos, nesta mesma páxina web.