O 71% das pemes foron ciberatacadas durante a pandemia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Oito de cada dez compañías españolas ten polo menos o 30% dos seus empregados traballando en remoto, como consecuencia da crise sanitaria da Covid. “Moitas pequenas e medianas empresas atoparon nas redes a única forma de traballar cos seus clientes e provedores e esquivar así a crise económica da mellor maneira posible”, aseguran os expertos. Pero esta forma de traballar pode carrexar grandes riscos, como é o caso da ciberdelincuencia.

“Os ciberdelincuentes adoitan atacar a empresas máis anónimas e pequenas porque non dispoñen de tantas medidas de seguridade como as grandes. Se se ten en conta que se tarda unha media de dous meses en descubrir e logo tapar a brecha de seguridade aberta é fácil entender porque hai negocios que non volven recuperarse tras un ciberataque. Investir en ciberseguridade é protexer o futuro dun negocio”, explica Carlos Prieto, director de SSH TEAM consulting, empresa de seguridade informática e de desenvolvemento software.

Segundo explica este directivo, “durante a pandemia triplicamos o número de clientes”. E engade que “aínda que se elevou nestes últimos anos o gasto das pemes en ciberseguridade, a maioría segue a ter unha cultura reactiva. Só se dá conta da necesidade dun plan para protexer tecnoloxicamente á súa empresa, cando xa foi atacado”.

O custo medio dun ciberataque a unha pequena empresa supón uns 75.000 euros.”Máis da metade das empresas atacadas non son capaces de superar as perda”, explica este executivo. Prieto explica que o 71% das pemes sufriron ataques no último ano durante a pandemia. “Aumentaron os ataques tipo enxeñeira social dirixidos aos CEO das empresas. Son un desafío porque cada vez son máis sofisticados e difíciles de esquivar se non contas con persoal concienciado e un plan director de seguridade informática. Trátase de ataques que utilizan e enganan ao usuario para que realice unha acción que remata por infectar cun virus á compañía. Outra vía é a de encriptar a información da empresa e pedir un rescate en criptomonedas para liberala. A terceira forma é a través da espionaxe industrial para copiar os produtos a través de coarse no computador, subliña Prieto.

Fonte: Cinco Días