A aceleradora da automoción galega busca novos proxectos que impulsar

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Business Factory Auto, a aceleradora galega especializada no sector da automoción, activa a súa sexta convocatoria en busca de proxectos aos que dar un empuxón ou consolidar. Os emprendedores interesados teñen até o 23 de setembro para postular as súas ideas de produtos e servizos a esta iniciativa promovida pola Xunta, Stellantis, a Zona Franca de Vigo ou o clúster de automoción de Galicia (Ceaga).

Nas cinco edicións anteriores favoreceu a creación de 53 novas empresas e a xeración duns 450 postos de traballo. O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destacou que o seu lanzamento coincide cun momento clave no que a mobilidade avanza cara aos modelos limpos, a condución autónoma e o vehículo conectado. Para dar pasos adiante nese camiño, o conselleiro lembrou que os fondos europeos para a recuperación supoñen unha oportunidade.

En Galicia, o referente do sector é a planta de Stellantis en Vigo (antiga PSA), que paraliza por completo a produción polos problemas de subministración derivados da crise dos microchips.

Fonte: El Progreso