Acelérase o uso de internet e da administración electrónica en Galicia por riba da media española e europea

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Axenda Dixital Galicia 2020 logrou os seus obxectivos dunha maior dixitalización da sociedade, un maior impacto socio económico e a creación de oportunidades. Neste sentido, en todo o período 2015-2020 a interacción das persoas de Galicia coa Administración por medios electrónicos foi superior á media de España e da Unión Europea. As xestións en liña representan xa o 7% das interaccións coas administracións en Galicia. Rexistrouse tamén un incremento significativo no uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), sobre todo nos grupos de maior idade. A evolución das persoas que declara ter usado internet nos últimos 3 meses foi tamén superior á media estatal e europea.

Ao redor de 1600 millóns de euros foron investidos no período 2015-2020 nas actuacións que desenvolven as liñas estratéxicas da Axenda Dixital de Galicia 2020, dos que máis de 540 corresponden á mobilización de capital privado, segundo se puxo de manifesto durante a celebración do pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga).

Ao mesmo tempo, o uso das TIC por parte das empresas galegas converxeu coa media estatal e mellorouse o acceso da poboación galega a redes ultrarrápidas de telecomunicacións. Un 99,94% da poboación ten acceso a cobertura 4G e un 72,2% da poboación conta con acceso a redes de máis de 100 Mbps. A taxa de emprego no sector TIC con respecto ao total de persoas ocupadas en Galicia non parou de medrar dende 2010, ata acadar o 1,9% en 2020.

O sector tecnolóxico galego xoga un importante papel na implantación e desenvolvemento destas accións, como referente de múltiples avances en novas tecnoloxías dixitais. En Galicia o número de empresas do hipersector TIC ascende a 3830, que deron emprego no ano 2020 a máis de 24.300 persoas, o que representa un crecemento do 17,4% nos período 2015-2020 e confirman ao hipersector TIC como un dos sectores económicos máis resilientes e tractor dos restantes sectores produtivos.

Fonte: Galicia Digital