Acelerón pola transformación dixital

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O futuro das empresas galegas debe pasar por gañar competitividade a través do uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento baseado na I+D. Con esa premisa, o Dixital Innovation Hub Industrial de Galicia (Dihgigal) reuniuse na sede do Clúster da Automoción Ceaga para dar un acelerón cara á transformación dixital. Como? A través da creación dunha “?Comisión de Demanda Tecnolóxica” coa participación de empresas tractoras na economía galega como Stellantis, Abanca, Pescanova, Navantia ou Vegalsa; e outras de menor tamaño como Adhex Tech Tapes, Grupo Emenasa, Congalsa, Ibercisa ou TI Fluid Systems.

Segundo explican desde Dihgigal, a reunión é a primeira de carácter intersectorial da industria para traballar ao redor dun reto común: “Situar ás empresas do sistema industrial de Galicia nunha posición de liderado competitivo a nivel global a través da innovación e transformación dixital, desenvolvendo capacidades diferenciais e xerando oportunidades en colaboración co ecosistema”.

Como resultado desta primeira reunión, que terá unha frecuencia mensual, identificáronse solucións e avanzouse na estratexia e o deseño de futuros proxectos colaborativos que poidan aumentar a competitividade das empresas e impulsar a creación de emprego e, ademais, que poidan ser financiables por axudas públicas.

Ademais desta comisión, o hub conta con outra centrada na “Oferta Tecnolóxica”, integrada por algúns dos principais polos de coñecemento da comunidade: Instituto Tecnolóxico de Galicia, Universidade da Coruña, CESGA, Inovalabs, UVigo, USC, Abanca, Feuga e Siemens, entre outros.

Fonte: Faro de Vigo