Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • O téxtil afronta unha nova revolución

    O mundo enteiro leva inmerso nunha espiral de consumo de roupa vertixinosa. Segundo un estudo da ONU, os cidadáns compran un 60% máis de roupa que hai unha década. E a demanda, como non, empuxa tamén á oferta. Entre os anos 2000 e 2015, a produción de pezas duplicouse no mundo. O que é sorprendente é que, mentres que a fabricación medraba, o uso das mesmas reducíase de maneira importante.

  • Preto de 9 mil mulleres traballan no sector TIC galego

    Os cadros de persoal das empresas tecnolóxicas de Galicia están formados nun 67% por homes e nun 33% por mulleres, aínda que nos últimos anos estase a experimentar un cambio de tendencia, ao medrar a maior ritmo o emprego feminino que o masculino.

    Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) analizados polo Observatorio da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), o sector tecnolóxico empregaba a un total de 8.983 mulleres en 2022, o que supuxo un crecemento dun 5,5% con respecto a 2021. No caso dos homes tamén houbo crecemento no emprego, pero foi do 5%.

  • Bruxelas quere que a UE produza o 40% das súas tecnoloxías limpas en 2030

    A Comisión Europea propúxose aumentar a produción de tecnoloxías limpas na Unión Europea até cubrir o 40% do seu consumo anual con fabricación propia para 2030, nun intento de competir cos subsidios masivos que Estados Unidos, China e outras potencias prevén inxectar nun sector en auxe.

  • O investimento en ciberseguridade medrará un 10% en tres anos

    Os orzamentos en ciberseguridade medrarán a nivel global nos vindeiros tres anos en pemes e grandes empresas até un 10%, segundo o informe anual Economía de Seguridade TI de Kaspersky, elaborado en base a 3.230 entrevistas a empresas de máis de 50 empregados en todo o mundo.

  • O director dixital de Roberto Verino explica a transformación da tenda en liña

    «Antes entraba o cliente á tenda e comprabae, pero agora tes que ir buscalo á rúa máis importante do mundo, que é internet». Con esta frase resume Pablo Aranda, director dixital de Roberto Verino, o cambio de paradigma que supuxo para o sector do retail a aceleración do negocio en liña. O comercio electrónico pasou de ser un complemento para as grandes marcas a ser o seu principal eixe de crecemento.

  • A UVigo ultima o terceiro prototipo para a misión biolóxica máis pequena en órbita

    A misión biolóxica máis pequena desenvolta até o momento no espazo avanza a bo ritmo en varios laboratorios tecnolóxicos e científicos dos campus de Vigo e Ourense. A asociación estudantil UVigo SpaceLab ultima, co asesoramento da ESA, o terceiro prototipo do nanosatélite BIXO, que será lanzado desde China en 2024 cun experimento latente a bordo.

  • As TIC poden chegar a mitigar o 15% das emisións

    Das aproximadamente 1,5 xigatoneladas de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) das que a industria da tecnoloxía da información e as comunicacións (TIC) é directa ou indirectamente responsable na actualidade, ao redor dun terzo son emisións de alcance 1 e 2 (propias). O resto, ao redor de 1 xigatonelada, ou entre o 65% e o 75% do total da industria, componse de emisións de alcance 3, que inclúen as emisións ascendentes emitidas polas empresas ás que a industria compra bens e servizos e as emisións posteriores xeradas polos clientes de TIC.

  • O Kit Dixital aporta 1.000 millóns ás pemes no seu primeiro ano

    O programa Kit Dixital, para financiar a dixitalización empresarial en España coas axudas europeas, repartiu no seu primeiro ano en marcha uns 950 millóns de euros entre as pemes, o que supón preto dun terzo do seu orzamento total. Os datos de Red.es indican que en total se repartiron xa 183.000 bonos dixitais entre empresas de até 50 empregados.

    A dotación total do programa é de 3.067 millóns de euros, procedentes dos fondos de recuperación comunitarios, e o Goberno anunciou que ampliará durante todo 2024 o prazo para solicitar as axudas.

  • Case unha de cada catro firmas tecnolóxicas galegas sofre incidentes de ciberseguridade

    Case unha de cada catro empresas tecnolóxicas galegas -un 23 por cento- declara sufrir un incidente de seguridade informática durante o ano 2021. Así o reflicte un informe sobre o estado da ciberseguridade en Galicia que subliña que esta “alta incidencia” de ciberataques nun sector que “ten un alto grao de especialización demostra a grande importancia do uso de ferramentas de defensa”, xa que estes incidentes afectan a “todo tipo” de compañías.

  • A fabricación de prendas supera os 400 millóns de facturación

    No conxunto do territorio galego, as vendas das compañías téxtiles supuxeron unha facturación de 1.365 millóns de euros; é dicir, o 44,2% de todas as pezas fabricadas en España. En Ourense son tres as firmas que aglutinan boa parte deste pastel: Adolfo Domínguez, Lonia Téxtil e Roberto Verino, tres históricos do sector que o pasado ano amosaron a súa boa saúde e recuperación tras o pau da pandemia.

Páxinas