Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • A Intelixencia Artificial, clave para a dixitalización empresarial

    A Intelixencia Artificial converteuse en clave para a dixitalización das empresas. Así se pon de manifesto no segundo “Mapa de empresas que impulsan a Intelixencia Artificial en España” elaborado por Iberinform, en colaboración con AI-Network e BigData Magazine. De acordo con este informe, o número de provedores de solucións de IA medrou un 16% con respecto ao ano anterior. A maioría destas empresas, isto é, un 73% delas, son de capital español.

    Bots e sistemas autónomos

  • O Incibe destina 30 millóns a promover o emprendemento en ciberseguridade

    O Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), entidade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, lanzou unha nova invitación pública, baixo o marco de Incibe Emprende, para o desenvolvemento de actuacións de emprendemento en ciberseguridade. Con ese obxectivo, promoverá iniciativas de impulso do emprendemento, con especial incidencia nas provincias e rexións menos desenvoltas empresarialmente no sector industrial da ciberseguridade.

  • A maioría das pemes galegas ten pendente a súa dixitalización

    Os fondos Next Generation estableceron dous alicerces esenciais polos cales todas as empresas deben apostar. O primeiro, a sustentabilidade e a redución das emisións. O segundo, aínda máis transcendente para sobrevivir hoxe na economía global, o da dixitalización. Con todo, neste último, o reto está moi lonxe de superarse tanto en España como en Galicia. Porque a maioría de empresas pequenas ou medianas da comunidade, a pesar de estar a mellorar as súas actuacións neste sentido, aínda non están a encarar boa parte dos grandes procesos da dixitalización.

  • As tendencias do sector dixital

    O sector dixital pechou 2022 cun balance moi positivo en materia laboral. Nun informe de ManPowerGroup especifícase que de cara a 2025 poden chegar a xurdir ata 97 millóns de postos de traballo novos en IA, economía verde e economía da atención en Europa pola “tendencia de transformación dixital en todos os sectores produtivos e a vontade dos organismos institucionais de dar un empuxón a estas profesións”.

  • A mostra sobre “As mulleres que nos levaron á Lúa” desemboca nun libro cunha ducia de biografías

    A mostra itinerante As mulleres que nos levaron á Lúa, impulsada o pasado curso académico (e aínda en activo) pola UVigo e a Deputación de Ourense co obxectivo de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, tivo continuidade e prolongación no libro Elas leváronnos ao espazo.

  • Máis da metade das empresas prevén investir máis recursos en ciberseguridade

    A ciberseguridade é un sector en auxe, con ciberataques cada vez máis sofisticados e virulentos, e é que, o 90% das empresas españolas víronse afectadas este ano por algún tipo de ciberameaza. Ante este escenario e, segundo datos do estudo Estado da ciberseguridade en España, elaborado por Secure&IT, máis da metade das empresas (51,3%) ten previsto incrementar o seu investimento para protexerse neste ámbito. Das restantes, o 44% manterán os mesmos niveis que o ano pasado; case un 1% empezarán a investir, e só un 3,8% manifestaron a súa intención de reducilos.

  • As universidades da Coruña e Vigo alertan da caída de mulleres nas titulacións TIC

    As universidades da Coruña e Vigo alertaron da "abrupta caída" de mulleres matriculadas nas titulacións de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, cualificou de "baixísima" a porcentaxe de mulleres que cursan o grao de Enxeñaría Informática en Galicia, "12%" precisou.

  • A Xunta aposta pola madeira como elemento estrutural na construción

    A Xunta inviste 2,6 millóns de euros nunha convocatoria dunha nova liña de axudas destinada ao impulso da madeira como elemento estrutural na construción. Esta convocatoria ten un carácter de concorrencia non competitiva, polo que se irán concedendo aquelas solicitudes presentadas de forma admisible ata o esgotamento do crédito.

  • A pandemia eleva o risco de ciberataque nas pemes

    A dixitalización acelerada pola pandemia impulsou unha transformación sen precedentes no tecido empresarial español. Fronte a vantaxes como os avances en materia de teletraballo, estes cambios provocaron que as empresas se atopen máis expostas que nunca a potenciais brechas de seguridade. Os ciberdelincuentes non dubidaron en aproveitar esta situación e, como consecuencia diso, as ameazas para a protección da información multiplicáronse.

  • A Informática non é cousa de mulleres?: o grao que elas aínda deben conquistar

    «Pénsoo nas mamografías. Se un home tivese que pasar por isto, teríase deseñado outro sistema», di unha das profesoras. A situación na facultade na que estudaron e agora ensinan non pode estar máis descompensada. Neste curso, só o 13% das matriculadas en primeiro de Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña, a carreira da que saen as mentes que pensarán programas como o das mamografías, son mulleres. É así desde 2010, con cursos por baixo do 10%.

Páxinas