Aerocamaras gaña un contrato para inspeccionar infraestruturas en Puerto Rico

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A compañía española Aerocamaras adxudicouse a inspección e mantemento de diferentes infraestruturas en Porto Rico. Este contrato inclúe a supervisión de varias obras públicas, entre elas máis de 50 viadutos e estradas, entre outras zonas críticas.

Para estes traballos a compañía destinou drons de última xeración equipados cun software especializado para inspeccións técnicas. En canto a cargas de pago, os equipos levan incorporado un sistema Lidar, sensores de cámaras RGB de alta resolución e cámaras con zoom detalle.

A tecnoloxía que integran os drons permite aos pilotos observar con exactitude calquera tipo de irregularidade nas estruturas, metálicas ou de formigón, buscando defectos para despois xerar un informe exhaustivo das anomalías detectadas. O uso de drons para as inspeccións de obras civís, explica o CEO de Aerocámaras, Jaime Pereira, “é unha tendencia que se está a impor pola súa precisión, rapidez e aforro, pero, sobre todo, por acceder sen dificultade aos puntos de interese sen expor a riscos a ningún traballador”.

Drons para inspeccións

Os servizos de inspeccións técnicas están a converterse en algo esencial para o mantemento de infraestruturas en todo o mundo, non só de obra civil, senón tamén fotovoltaicas e eólicas. Os drons da firma galega Aerocámaras xa sobrevoan actualmente plantas fotovoltaicas en Brasil e parques eólicos en Portugal, Italia e México.

Pereira engade: “Para o noso cliente era moi importante unha inspección meticulosa e sen causar alteracións no tráfico das arterias máis importantes do país”. A compañía dispón do dron híbrido AeroHyb, unha aeronave non tripulada con até sete horas de autonomía e centrada en servizos profesionais como loxística, inspeccións técnicas, emerxencias, seguridade, topografía, agricultura de precisión ou audiovisual.

Fonte: Infodron