Aerocamaras porá o seus drons para dar servizo de delivery a iates (Tecnópole)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Imaxinas pedir a túa comida a través dunha app e que un dron cha leve onde esteas? Parece ciencia ficción pero a compañía galega especializada en drons Aerocamaras, en asociación coa empresa de asesoramento e xestión de infraestruturas portuarias GEIC, converteuno en realidade levando este servizo aos iates fondeados nas costas españolas e a resorts de luxo. Chega o delivery máis exclusivo do mundo, chega Drone to Yacht.

Este servizo premium de reparto de comida é a nova operación que presentou Aerocamaras. Un usuario selecciona desde o seu iate que quere comer, realiza o pedido a través da app ou a web de DroneToYacht a un restaurante en concreto e, a partir de aí, xa só ten que esperar a que a súa comida chegue, literalmente, voando.

No outro lado da app, o restaurante recibe o pedido e ponse mans á obra. O persoal de cociña prepara os pratos seleccionados, empaquétaos e entrégaos ao operador do dron. Neste momento procédese a localizar a situación da embarcación, colócase o pedido na aeronave para que despegue nas proximidades do restaurante e faga a entrega no propio iate sen necesidade de que haxa contacto.

A operación, con denominación de orixe española, comezará a operar este verán nalgunhas das zonas con gran volume de embarcacións de recreo con clientes potenciais e Eivissa foi a illa seleccionada para encabezar o proxecto. Aerocamaras chegou a un acordo con múltiples restaurantes e mariñas da zona (e traballa para ampliar a lista de franquiciados) para que a app DronesToYacht poida saciar o apetito dos clientes que se atopen pasando as súas vacacións en iates ou os resorts da poboación balear.

O obxectivo da compañía é expandirse polo resto de enclaves das costas españolas nos próximos meses e planea desembarcar en diversos portos italianos. Ademais, tamén gozarán da comida aerotransportada por drons españois no Caribe, onde a alianza empresarial comezará a operar ao longo deste ano, tras a tempada de furacáns que adoitan azoutar as augas caribeñas até outubro.

DroneToYacht é unha asociación entre o operador de drons líder no noso país, Aerocamaras e Global Equity Infrastructures Corporation (GEIC), compañía de referencia no asesoramento e o desenvolvemento de grandes proxectos de infraestruturas portuarias e instalacións para iates. A súa alianza permite que as aeronaves non tripuladas ofrezan un servizo pioneiro a nivel mundial de delivery con drons que establece unha nova canle de venda máis produtivo e rápido, diferente a todo o que vimos até agora.

A ambiciosa operación aprovéitase dun dron eléctrico que a compañía galega desenvolveu para facer envíos de curtas distancias que ofrece un servizo rápido e silencioso en liña co compromiso ambiental da compañía. A aeronave non tripulada conta cunha velocidade máxima de 32 nós xunto cun sistema de carga e solta cun carrete de 20 metros.

Fonte: Spanishports