Maio 2014

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole abre o prazo de inscrición para o seu campamento tecnolóxico de verán

Tras o éxito o ano pasado do que foi o primeiro campamento tecnolóxico de verán que se celebraba en Galicia, Tecnópole organiza unha nova edición dos Tecnópole Technological Workshops (T2W), que acaban de abrir o seu prazo de inscrición.

Tecnópole acolle a IV Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos

Parque Tecnolóxico de Galicia acollerá o próximo 10 de xullo a IV Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos, promovida e financiada pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e organizada polo Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), coa colaboración de Tecnópole. O IV Bio Investor Day, aberto a promotores de proxectos no ámbito da biotecnoloxía interesados en conseguir financiamento, incorpora nesta edición un programa de formación e aprendizaxe.

Estudantes das Aulas Tecnópole conseguen dúas mencións extraordinarias no certame "É de libro"

Alba Fernández, Uxía García, Saúl Cid e Álvaro Babarro, alumnos das Aulas Tecnópole, foron merecedores de dúas mencións extraordinarias do certame estatal "É de libro", no que competiron 2150 estudantes de toda España.

A Xunta abre en Tecnópole oportunidades para as empresas galegas no mercado canadense de materiais avanzados

A Consellería de Economía e Industria, coa colaboración da Embaixada de Canadá, organizou en Tecnópole unha xornada técnica sobre oportunidades de colaboración entre empresas galegas e canadenses no sector dos materiais compostos ou composites, unha familia de materiais sintéticos avanzados que se usan especialmente nos sectores da aeronáutica e da automoción.

Primux Tech colaborará coa Asociación de Dano Cerebral Adquirido Renacer

A empresa de Tecnópole Primux Tech asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Dano Cerebral Adquirido Renacer para ofrecer condicións especiais aos seus membros e doar equipamento para as persoas que non teñan recursos para adquirilo.

Os parques científicos e tecnolóxicos españois crecen en número de empresas, emprego e facturación

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) presentou durante a súa última asemblea xeral, celebrada en Castellón, os datos estatísticos sobre a evolución que experimentan os parques científicos e tecnolóxicos españois.

O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia fabrica pezas de orixe vexetal

A carreira entre fabricantes para construír o vehículo que menos contamina líbrase en todas as frontes, non só no dos combustibles. Nesa liña, un consocio europeo integrado por 13 socios de cinco países e liderado polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), con sede no Porriño, logrou desenvolver unha serie de materiais bioplásticos entre os que destaca un elaborado a partir do ácido poliláctico procedente do amidón, ao que se lle incorporaron como aditivos nanoarxilas, tamén de orixe renovable.

BioSpain 2014 introduce o modelo de innovación en aberto na súa próxima edición en Galicia

Co modelo de innovación en aberto, BioSpain cedeu o control dalgúns dos seus contidos a socios de prestixio, o que se traduce na organización de 10 sesións por sociedades científicas ou no Foro de Stakeholders.

Open Axel busca as 60 start-ups máis innovadoras de Europa

Open Axel, proxecto financiado pola Comisión Europea para apoiar o crecemento e desenvolvemento de empresas tecnolóxicas, busca as 60 start-ups máis innovadoras e disruptivas de Europa para integralas nunha guía online que as poña no punto de mira internacional.

Barcelona, primeira capital europea da innovación

Tras recibir case 60 propostas -soamente podían presentarse as cidades da Unión Europea con máis de 100.000 habitantes- Barcelona foi proclamada gañadora polo "uso de novas tecnoloxías para o beneficio e servizo dos seus cidadáns", segundo explicou Máire Geoghegan-Quinn, comisaria europea para a Investigación quen cualificou de "xusta" esta elección final.

Páxinas