Maio 2014

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Bioplástico doado de fabricar e con propiedades parecidas ao tradicional

Existe unha gran necesidade de atopar sucedáneos do plástico tradicional que non carrexen os problemas de contaminación persistente deste e que constitúan un recurso sustentable. Investigadores de Harvard desenvolveron un método para levar a cabo a fabricación a grande escala de obxectos de uso cotián, dende teléfonos móbiles ou celulares, a friameiras ou outros recipientes para alimentos, pasando por xoguetes e infinidade de obxectos doutros tipos, e todo iso usando un bioplástico plenamente degradable, obtido a partir das cunchas ou partes duras externas de lagostinos e crustáceos similares.

Airbus presenta un pequeno avión impulsado por enerxía eléctrica

O silencioso E-Fan, foi fabricado en fibra de carbono e as súas ás aloxan dúas baterías de litio de 65 kgs de peso que impulsan senllos motores de 30 quilovatios que permiten alcanzar unha velocidade máxima de 185 km/h.

Hispasat aposta por innovación para a extinción de incendios

Hispasat lidera o proxecto de innovación 'Ignis' para mellorar as comunicacións na extinción de incendios forestais. En concreto, o proxecto concluíu o desenvolvemento dunha solución que combina as comunicacións por satélite e o uso dun vehículo aéreo non tripulado (UAV) para mellorar a seguridade dos axentes implicados nun escenario de incendio forestal e ampliar os recursos á súa disposición.

Un consorcio europeo crea un robot que mellora a calidade de vida das persoas maiores

Aos seus 94 anos, Lea Mina Ralli non podía vivir soa, pero desexaba seguir na súa casa. Esta anciá italiana foi unha das primeiras en probar o sistema GiraffPlus: un robot que asiste as persoas maiores nos seus fogares, conéctaas coa súa familia, amigos e cos profesionais da asistencia sanitaria.

A innovación como base de todo

O paso da sociedade da produción á da innovación, que puxo en primeiro plano a xestión do talento, terá enormes repercusións socioeconómicas nos próximos vinte anos, afirma o informe "España no mundo 2033", dirixido por Javier Solana para PWC.

Páxinas