O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa, que este ano cumpre a súa terceira edición, é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas.
O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia lanzan unha plataforma formativa de ciencia e tecnoloxía, en colaboración coa empresa Ceo Aberto, especializada na educación e divulgación científica. Esta plataforma de aprendizaxe online, denominada STEAMbites, desenvólvese desde o Parque para todo o ámbito nacional. Pártese da ampla experiencia de Tecnópole no eido da formación científica, tanto presencial como en liña.
O fabricante galego de tecnoloxía Primux, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, desenvolveu unha gama alta de computadores para gamers, os novos Iox Shark serie 5 e Iox Shark serie 6. O Iox Shark preséntase como un portátil potente e eficaz, cunha gráfica RTX.
Tras unha década de parálise, a enerxía eólica volveu despegar o ano pasado ao compás da construción de 18 novos parques. A Comunidade xerou 8.698 xigavatios/hora que darían para cubrir o 47% de toda a demanda eléctrica galega. A porcentaxe chega ao 88,5% se se suman o resto de fontes renovables.
Máis madeira. Medra a febre en Galicia. Non hai espazo no que este material renovable, reciclable e reutilizable non gañe protagonismo. Desde os letreiros das cafetarías aos mostradores de hoteis ou as estruturas de vivendas unifamiliares, a madeira volveu para tentar desbancar a rivais como o mármore ou o aluminio, menos eficientes desde o punto de vista enerxético. Aínda que os seus defensores reivindican a beleza e versatilidade do material, son moitos máis os que puxeron os seus ollos nela polo rol clave que podería ter na bioeconomía.
Os drons, dispositivos voadores que non necesitan un piloto humano a bordo, teñen un futuro do máis prometedor, xa que a tecnoloxía civil nestes aparellos marcha máis rápido que a tecnoloxía militar e cada vez cóntase con máis drons capaces de realizar actividades complexas de forma precisa e eficaz.
Catro edicións, 45 novas empresas, máis de 250 postos de traballo e unha facturación de 33 millóns de euros ao peche do 2019 son o sólido aval da quinta convocatoria de Business Factory Auto (BFAuto), un programa que naceu en 2016 promovido pola Xunta, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o grupo PSA e Ceaga e que ten como obxectivo impulsar a aceleración e consolidación de proxectos especializados no sector da automoción para que acaben frutificando en empresas innovadoras e que contribúan a cubrir os ocos na cadea de valor e fortalecer o sector industrial en Galicia.
O grupo biofarmacéutico Zendal, a través da súa filial Biofabri, foi o elixido pola compañía estadounidense Novavax para a produción industrial do antíxeno da súa vacina contra o covid-19 na Unión Europea. Ambas as empresas chegaron a un acordo polo cal a compañía con sede no Porriño será a encargada da fabricación da terapia preventiva, cuxos ensaios clínicos se atopan actualmente na fase 2.
Pola súa maior axilidade e dispoñibilidade, ata o momento, a proba de imaxe máis recomendada polas sociedades científicas para contribuír ao diagnóstico da infección Covid-19 é a radiografía simple de tórax. Pero hai pacientes nos que non resulta suficiente ou otros nos que xorden complicacións e cos que resulta útil realizar un escáner -tomografía computerizada ou TC-.
A biofarmacéutica porriñesa Zendal, que producirá para Europa a vacina de Novavax a través da súa filial Biofabri, presidirá DATAlife. Trátase do hub de innovación dixital impulsado polo clúster da biotecnoloxía de Galicia (Bioga), Anfaco-Cecopesca, o Cesga, Cetim, o Clúster Saúde de Galicia, o Clúster Tic Galicia, o Clúster de Acuicultura, Energylab, Zendal, Finsa, Gradiant, Televés, Feuga e a USC.