O Parque Tecnolóxico de Galicia promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).
A empresa de Tecnópole Amodo Soluciones, especializada no desenvolvemento de software, recibiu o Premio Iniciativa Empresarial do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) pola súa aplicación móbil “Localsafe”. É a primeira app española que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros fronte á Covid-19.
A USC traballa no desenvolvemento de tres vacinas contra a covid-19, dúas delas a partir de proxectos propios. Grupos como o dirixido por José Manuel Martínez Costas promoven, ademais, tecnoloxía específica, que recibiu apoio da Comisión Europea e que vai probarse en Alemaña e os Países Baixos, segundo explicou Tomás Pouse, investigador deste grupo.
En plena pandemia do coronavirus, empresas galegas de distintos ámbitos viron multiplicar a súa facturación ao redirixir a súa produción cara ao negocio anticovid, a través de bens como as máscaras, o produto estrela pero non o único no mercado da nova normalidade.
Unha muller de 55 anos que fuma, ten obesidade e padece hipertensión que recibise un diagnóstico positivo en Covid por PCR e atópese en seguimento domiciliario ten un 23,18% de risco de precisar hospitalización, un 2,4% de ingreso na unidade de coidados intensivos e un 0,58% de chegar a falecer. Para un home de 60 con insuficiencia cardíaca e obesidade o risco de ter que acabar nunha cama de hospital elévase ao 48 por cento e tamén aumentan as expectativas de ter que recorrer á UCI, até o 8,29%, e de morrer, até o 2,23%.
Até cen mil pavos á semana nacerán nas novas instalacións do grupo alimentario Coren no concello ourensán de Vilamarín. A cooperativa acaba de pór en marcha unha incubadora que equipou coa última tecnoloxía e que lle permitirá algo que non podía facer até agora: completar o ciclo de produción de pavo nas súas instalacións.
A Xunta e a compañía Indra comezaron as probas de voo finais do “Targus”, o avión opcionalmente pilotado civil “máis avanzado desenvolto até a data en España”, segundo destaca a Consellería de Industria.
Feita no marco do polo aeroespacial de Rozas, en Castro de Rei, a nave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección ambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións.
Galicia é unha potencia en produción de madeira. Darlle valor engadido mediante a transformación é unha das materias que aínda ten pendentes a comunidade. Sobre todo agora que comezou a recuperarse o seu uso en construción, o que podería achegar maior rendemento económico ás plantacións certificadas na comunidade. Sobre todo as de piñeiro, unha madeira cuxo bo comportamento está máis que probado en edificación.
O servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do CHUS está máis preto de contar cunha nova técnica que destrúe células canceríxenas e que só hai nun reducido grupo de hospitais españois, tras conseguir a acreditación europea e americana Jacie, que lle acaba de ser concedida polos estándares de calidade do Programa de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (de medula ósea).
A industria aeronáutica entra en espazo descoñecido. O impacto que a crise sanitaria tivo sobre as aeroliñas fixo saltar polo aire todas as previsións de pedidos de avións para este ano e polo menos os dous ou tres que seguen.