Marzo 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Ábrese o prazo para participar con proxectos en Galiciencia online 2021

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

A firma galega Aerocamaras asóciase con Península para crear unha empresa de voos para a industria marítima

A empresa galega de drones Aerocamaras busca novas aventuras mar dentro. A compañía que vixiaba o aforamento das praias este verán, pola pandemia, asóciase con Península Petroleum, a principal compañía provedora de combustible mariño. Fano cunha joint venture da que nace Dons Maritime, unha firma que explorará as aplicacións dos drones na industria marítima.

O gasto en innovación biotecnolóxica medra un 8%

O sector biotecnolóxico galego é un dos que máis crecemento presenta nos últimos anos. En 2019, Galicia foi, só por detrás de Euskadi, o territorio no que máis empresas de base biotecnolóxica se crearon, mais o investimento en I+D+i parece ser aínda unha materia pendente.

Secuencias xenómicas feitas en Galicia para todo o mundo

A xenómica é un campo da bioloxía molecular que parte do estudo do máis básico dos seres vivos, do seu ADN. A súa aplicación no ámbito sanitario é quizais o máis coñecido pero non o único e Galicia conta cunha das empresas punteiras en proxectos de I+D xenómica. Nacida hai dez anos nun viveiro de empresas da Universidade da Coruña, AllGenetics ten hoxe clientes en máis de 20 países.

A automoción instalará a súa plataforma loxística en Porriño e aumenta o investimento a 15 millóns

A plataforma loxística integrada do automóbil, proxecto que busca crear un macroalmacén compartido polos fabricantes de compoñentes para aforrar custos de desprazamento e maximizar cargas, construirase finalmente en Porriño.

Epicovigal inicia a monitorización xenómica do coronavirus

O proxecto Epicovigal, coordinado polo catedrático da Universidade de Vigo David Posada, entra na súa segunda fase e iniciará a monitorización xenómica da pandemia de Covid-19 en tempo real en Galicia.

Transición Ecológica sitúa a Galicia á cabeza do potencial da eólica mariña

Iberdrola estuda estrear a offshore a escala industrial en Galicia, cun megaparque de 300 MW e 1.000 millóns de euros. Non é a única compañía interesada na eólica mariña coa comunidade en mente como primeira opción, á espera da aprobación dos plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) que identificarán que lugares son ou non son aptos para colocar parques. O grupo que os elabora confirma a rendibilidade en case toda a costa galega.

PwC: a tecnoloxía 5G terá un impacto de 1,1 billóns no PIB mundial en 2030

O despregamento da nova telefonía móbil 5G suporá unha mellora da eficiencia e da produtividade que impulsará o PIB mundial en 1,3 billóns de dólares (uns 1,08 billóns de euros) en 2030, e o sector da saúde será o que máis se beneficie desta tecnoloxía, segundo o informe The global economic impact of 5G, elaborado por PwC.

España, peso pesado no mercado de drones

Os vehículos aéreos non tripulados, comunmente chamados drones, comezan a formar parte do día a día en labores de agricultura, mantemento de infraestruturas, actuacións de seguridade ou mesmo entretemento, e aínda que a súa presenza nas cidades aínda é limitada, o panorama podería cambiar en poucos anos.

Descarbonizar, obxectivo común e prioritario da automoción

Neutral In Motion: Por una Automoción Sostenible y de Futuro é o nome da nova plataforma integrada polas máis importantes asociacións que agrupan a todos os integrantes do sector, desde fabricantes de coches, motos e compoñentes a alquiladores, pasando por vendedores ou impulsores da electromovilidade: Anfac, Faconauto, Anesdor, Sernauto, Ganvam, Feneval, Aedive, Ascabus e AER. Un foro para conducir a descarbonización perseguida para 2050 polas canles que marca o Goberno, pero en consenso e co sector como aliado.

Páxinas