Abril 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Estudantes e profesores de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España poden participar no concurso de fotografía a través de Instagram que promove Galiciencia online 2021

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en especial aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Drons con selo pontevedrés para vixiar desde o ceo o verán galego

Os drons son a aposta de moda entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos para tarefas de vixilancia, especialmente de cara ao verán, onde a verificación das medidas anticovid antóllanse cruciais para evitar que se repita o do ano pasado, cando se dispararon os casos en setembro e outubro pola relaxación das medidas.

A sanidade tira da intelixencia artificial para optimizar procesos e mellorar a vida dos pacientes

As posibilidades da intelixencia artificial son moitas e iso é algo que non se lles escapa aos profesionais sanitarios, nin tampouco a investigadores como os do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius) da USC. Os seus proxectos relacionados coa área da saúde non son poucos e para exemplo SmartCardia, unha plataforma que facilita a rehabilitación cardíaca despois dun infarto e que acaba de ser validada por un equipo do CHUS.

Química fluorescente galega

Nunca antes de 2020 se puxera de manifesto a necesidade de acelerar os procesos de investigación previos ao desenvolvemento dun fármaco; un camiño que pode supor máis de dez anos de investigación e custos superiores a mil millóns de euros e que se inician coa identificación dunha posible diana terapéutica. Este primeiro paso facíase tradicionalmente cun cribado de compostos químicos, unha fase que agora é posible acurtar grazas á tecnoloxía desenvolta por Celtarys, unha empresa moi recente, pero que xa acumula anos de investigación nos laboratorios da USC.

Investigadores do CiMUS descobren unha chave para deter as metástases

É moito o que xa se coñece do cancro e os seus mecanismos, pero moitos procesos aínda se descoñecen e os investigadores seguen a traballar para desvelar todos os seus segredos. Un deles acaba de ser desvelado por un equipo do Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), da Universidade de Santiago (USC).

A enerxía eólica asina un 2020 récord en todo el mundo

A poderosa implantación das renovables na matriz enerxética mundial segue o seu curso, allea mesmo a turbulencias como a pandemia. 2020 foi, de longo, o mellor ano da historia para a industria eólica mundial, que engadiu 93 GW (xigavatios) de capacidade instalada (+53% interanual), até os 743 GW.

A tendencia á baixa entre 2016 e 2018 xa se rompeu en 2019, cando a potencia instalada deste tipo de tecnoloxía de xeración volveu a repuntar, pero a subida deste ano non ten parangón en toda a serie histórica, segundo o informe anual do Global Wind Energy Council.

A automoción galega alcanza os mellores resultados da súa historia en plena pandemia

Antes da pandemia estaba previsto que o 2020 fose un ano de marca para a automoción galega, porque ese exercicio culminaba o plan de lanzamentos de Stellantis Vigo (aínda Grupo PSA). Co Peugeot 2008 e a gama de vehículos comerciais das marcas Peugeot, Citroën, Opel e Toyota saíndo a un ritmo de máis de 2000 unidades ao día, a multinacional e a súa rede de máis de 100 provedores de compoñentes implantados en Galicia e norte de Portugal tiñan marcado o obxectivo de rozar os 600.000 coches fabricados no 2020.

Un consorcio galego deseña unha ferramenta para a xestión do monte con drons

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu no Centro Experimental Áncora, no municipio lucense de Cervo, á xornada de peche do proxecto liderado por un consorcio de empresas galegas para desenvolver unha ferramenta que permitirá a xestión “dixital e sustentable do monte” a través do uso de drone. No consorcio participan as empresas galegas Aeromedia, Cerna, Balidea e Greenalia, e conta coa colaboración da Universidade de Santiago (USC), o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Xunta.

O sector forestal, unha grande oportunidade

A madeira pasou de ser percibida como un material do pasado, a ser un símbolo de futuro, un garante da sustentabilidade do planeta. Está chamada a marcar o futuro da construción. Trátase do único material de construción renovable, cultívase naturalmente e elimina o CO2 da atmosfera. A súa produción e procesamento utiliza moita menos enerxía que outros materiais, o que outorga unha pegada de carbono significativamente menor.

O emprego en Galicia xerminará en empresas con músculo tecnolóxico

A gran pregunta que asalta a todos é: Ten Galicia capacidade para reabsorber os postos de traballo que se perderán coa crise? Cales serán os motores de emprego? Nas quinielas dos expertos a industria apunta alto, a pesar de que hoxe só representa o 14% do PIB galego. Extínguese a era do CO2, pero ábrese paso outra revolución. Só xerarán empregos «aquelas que teñan que ver co desenvolvemento das novas tecnoloxías: a Internet das cousas (IoT), Intelixencia Artificial (IA), a análise da información (big data), ciberseguridade, impresión de pezas en 3D...

Páxinas