O 26 de marzo ponse en marcha Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida por Tecnópole desde 2006, e que se prolongará ata o día 28. Con esta iniciativa búscase espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.
Stellantis (antiga PSA) pide que se «axilicen os trámites» en Madrid e na Unión Europea para executar os investimentos do proxecto AutoAncora. A factoría viguesa pilota con Ceaga e o CTAG esta iniciativa do sector da automoción, a máis potente de cantas aspiran en Galicia a obter os fondos de recuperación Next Generation, cun investimento previsto de máis de 1300 millóns de euros e a creación de 900 postos de traballo.
No peor da pandemia, cando poucos sectores máis aló da distribución de alimentos poden presumir de xerar oportunidades laborais, o coñecido como hipersector do TIC -tecnoloxías da información e a comunicación- medrou en Galicia ao longo de 2020 por riba da media estatal e pechou o ano con 24.393 traballadores, tras un aumento do 0,2% fronte a 2019, segundo un informe do Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), entidade adscrita á Amtega.
A industria téxtil é unha das máis contaminantes en todo o mundo polo seu elevado consumo de auga e, entre outros compostos, polos colorantes das súas verteduras residuais. O grupo de Procesos de Separación Avanzada, do departamento de Enxeñaría Química da UVigo, traballa en novos procesos que permitan ás empresas recuperar e reutilizar as tinguiduras dentro dos principios da economía circular. O proxecto, financiado dentro da convocatoria nacional de Retos de Investigación, busca novos disolventes, naturais e baratos, para que sexan fáciles de implantar no sector.
O barómetro de exportacións (Baexga) que elabora o Foro Económico de Galicia certifica que o mal comezo de xaneiro foi unha “fochanca” xa superada e agora, tras a recuperación experimentada en febreiro, a emisión de mercadorías “volve á senda de achegamento” aos niveis previos á pandemia, alcanzando o 91,6% daqueles valores. En toda España están aínda no 88,5%.
A candidatura galega de proxectos aspirantes a captar fondos europeos para a recuperación integra catro iniciativas centradas en dar unha lombeirada e modernizar a industria forestal cun investimento total de 41,4 millóns de euros. Destes recursos, algo máis de 70 cada 100 euros -29,4 millóns- destinaríanse a un plan de axudas para potenciar o uso de madeira local na construción. Trataríase de subvencións para familias e empresas que aposten por este material en edificacións e infraestruturas en contornas urbanas e rurais e na esfera industrial.
Greenalia é unha das compañías que nunca escondeu que pretende aproveitar o inmenso potencial da eólica mariña en Galicia. O seu presidente, Manuel García, avanzou a súa proposta para impulsar, xunto con diferentes socios, un proxecto de fabricación e ensamblaxe de cimentacións flotantes en Galicia en paralelo ao desenvolvemento desta fonte nas costas. O plan xa foi trasladado pola compañía ao Ministerio de Transición Ecolóxica a través dun manifesto de interese na última convocatoria aberta pola administración central, informan fontes da compañía enerxética.
Drons na Serra do Xistral. O seu emprego permite lograr imaxes nítidas, máis que as que se logran por satélite, e a súa finalidade é científica, derivada do estudo da flora que se realiza nesa zona. O traballo, denominado Life in common land, está impulsado pola Deputación de Lugo coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade da Coruña (UDC).
No nicho das enerxías renovables atopou o seu espazo a empresa ourensá Solgaleo. Creada no ano 2018, está en plena fase de crecemento con tres liñas de traballo diferenciadas e que abranguen desde a simple subministración enerxética a empresas e particulares até o autoconsumo. Unha terceira vía de negocio ten que ver coa xestión de residuos e os equipos de contenerización.
O Goberno español investiu o ano pasado uns 2658 millóns de euros en investigación científica, desenvolvemento e innovación (I+D+I), case un 42% menos que en 2009, segundo os datos do Ministerio de Ciencia. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou o 9 de xullo de 2020, tras a primeira onda da pandemia, un plan de choque para impulsar a ciencia española, lastrada por unha década de recortes.