Xullo 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

España progresa no índice de ciberseguridade

España conseguiu subir do sétimo ao cuarto posto no Índice Global de Ciberseguridade (GCI, polas súas siglas en inglés) da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), o organismo especializado en telecomunicacións da Organización das Nacións Unidas (ONU). Ademais, no ámbito europeo, España atópase no segundo lugar, só superada por Estonia. Por outro lado, a iniciativa do Executivo de Ursula von der Leyen, ‘Joint Ciber Security Unit’, para protexer á UE e responder a ciberataques masivos, tomou como guía o modelo español.

Glecex desenvolve produtos que desinfectan sen alcol, ademais de hidratar e rexenerar a pel

Global and Ecofriendly Natural Extracts (Glecex) é unha start-up de biotecnoloxía fundada en 2013. Situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, ofrece servizos avanzados de alta innovación e tecnoloxía a empresas do sector agroalimentario, cosmético e de nutracéuticos -produtos naturais nutritivos e con efectos positivos na saúde-. Foi unha das 20 pemes seleccionadas para o programa Connect-19, a aceleradora de empresas especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao impacto da COVID-19, impulsada pola Xunta e Tecnópole.

En marcha o campamento tecnolóxico de verán que promove Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- promove a IX edición do campamento tecnolóxico de verán T2W -Tecnópole Technological Workshops-, en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Púxose en marcha o 5 de xullo e prolongarase ata o vindeiro día 16.

Esta iniciativa forma parte da aposta de Tecnópole pola divulgación científica de calidade entre os máis novos. Nela están a participar un total de 25 rapaces de entre 12 e 18 anos. O campamento celébrase de luns a venres, en horario de 10:00 a 18:00 horas.

A Xunta reforza os plans de investigación das universidades da Coruña e Vigo con máis de 9,3 millóns

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou a posta en marcha dun novo reforzo dos programas de investigación avanzada das universidades galegas, coa aprobación dunha inxección de 9,3 millóns de euros dirixida ás universidades da Coruña e Vigo. Dous convenios aos que se sumará, posteriormente, o da Universidade de Santiago.

O eucalipto segue a acaparar o 58% das cortas de madeira en Galicia

Máis de nove millóns de metros cúbicos de madeira aproveitou Galicia o pasado ano, segundo os datos facilitados pola Xunta a través da nova plataforma web na que se colgou toda a información relativa ao sector forestal. Desta cantidade, un 58% correspóndese co eucalipto, especie esta que, aínda que segue a copar a actividade forestal da comunidade, mantén unha tendencia á baixa desde 2018.

O Goberno conxela a admisión de proxectos para parques eólicos mariños

O Ministerio de Transición Ecolóxica activou o botón de pausa e decidiu non aceptar máis solicitudes para instalar parques de eólica mariña no país. Nunha disposición adicional ao real decreto polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da fiscalidade enerxética e en materia de xeración de enerxía co fin de abaratar o recibo da luz, o departamento de Teresa Ribera estableceu que «até a aprobación dun novo marco normativo» non admitirá nin máis peticións de reserva de zona nin tampouco solicitudes de autorización administrativa para granxas mariñas.

O proxecto vigués do coche conectado xa é realidade: entra no PERTE da automoción

Os fondos Next Generation, articulados pola Comisión Europea para rearmar a economía comunitaria tras o envite da pandemia, concibíronse como o mecanismo que vai financiar a transición definitiva da industria cara ao futuro. O camiño da neutralidade de carbono, da plena dixitalización ou a electrificación do transporte.

A crise dos microchips durará ata 2022 e esixe solucións

Un estudo elaborado pola consultora Bain & Company asegura que a crise da escaseza de microchips semicondutores, que está a afectar á maioría dos fabricantes de vehículos en todo o mundo, durará como mínimo até 2022 e serán necesarios miles de millóns de euros para solucionala. O traballo asegura que, a pesar dos grandes investimentos que se anunciaron e ao apoio institucional, a curto prazo, as opcións que existen para resolver esta complicada situación son “moi limitadas”.

Futuras crises

Drons para reparar as fochancas da estrada

A Universidade de Vigo (UVigo) lidera o proxecto internacional Infra-Rob, a partir do que busca empregar solucións robotizadas autónomas para o mantemento da integridade, rendemento e seguridade das infraestruturas viarias e, con iso, reducir a sinistralidade existente en tramos con obras, tanto de traballadores como de condutores.

O “hub” de innovación dixital DATAlife buscará que Galicia sexa una biorrexión de referencia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, reuniuse co “hub” de innovación dixital DATAlife co obxectivo de avanzar no desenvolvemento desta iniciativa centrada nos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde.

Páxinas