Setembro 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa tecnolóxica Primux, situada en Tecnópole, medrou un 20% en 2020

A empresa tecnolóxica Primux, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia e dedicada ao desenvolvemento de computadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos, superou de maneira moi positiva o complexo ano da pandemia.

A galega Coinscrap logra 2,2 millóns para internacionalizarse (Tecnópole)

Aforrar sen decatarse é a proposta de Coinscrap, unha startup galega que leva en funcionamento desde o 2016. Trátase dunha aplicación para móbiles que redondea ao euro máis próximo calquera compra ou cargo na conta corrente. Automaticamente transfire eses céntimos de diferenza a un produto de aforro. Un servizo que lles valeu para pechar unha rolda de financiamento coa que captaron 2,2 millóns de euros, cos fondos Helvetia Venture e Faraday Venture Partners como principais investidores.

Adolfo Domínguez reinventa as súas tendas de moda e artesanía local

A firma de moda de autor Adolfo Domínguez reinventa o seu modelo de tenda para tratar de superar as turbulencias da crise xerada no sector pola pandemia e co afán de recuperar o brillo da época dourada da compañía. As cidades elixidas para estrear ese novo concepto de local foron Ourense, sede e orixe da firma, e México DF, capital do segundo mercado con maior expansión tras España para a firma liderada nesta nova etapa por Adriana Domínguez, filla do deseñador ourensán.

A automoción sufrirá a falta de chips polo menos até o segundo trimestre de 2022

A falta de semicondutores é un problema a escala global que afecta a todos os fabricantes e que está a deixar un regueiro de plantas paralizadas. As previsións máis optimistas sinalaban este segundo semestre e, principalmente, finais de ano como un posible punto de inflexión para que o abastecemento desta compoñente clave retomase a normalidade.

Galicia contará cun observatorio para o desenvolvemento da industria aeroespacial para ser “referente”

Galicia contará cun observatorio dedicado ao desenvolvemento da industria aeroespacial grazas a un convenio asinado co Consorcio Aeronáutico Galego por parte da Xunta, que fixa como meta facer de Galicia “un referente nacional e internacional”s deste sector.

O acordo de colaboración, dotado con case 600.000 euros para os vindeiros tres anos, recibiu o visto e prace da Xunta. O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou que o obxectivo é “unir as industrias” do sector que operan en Galicia.

Plan autonómico

A falta de chips retrasa o tempo de entrega dalgúns PC de 45 días a cinco meses

Os fabricantes de PC, móbiles e outros equipos de electrónica de consumo dan a voz de alarma: non teñen suficientes chips para atender a demanda, acirrada pola pandemia, e os seus custos están a dispararse pola subida do prezo dalgúns compoñentes. ¿Consecuencia? Os prazos de entrega dos equipos están a ampliarse de maneira preocupante e o cliente acabará pagando máis polos dispositivos.

Ondas “calidade galega” para xerar enerxía

Galicia é a comunidade autónoma de España con maior potencial para xerar electricidade coas ondas. Destácao a Folla de ruta para o desenvolvemento da eólica mariña e das enerxías do mar en España que elaborou o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Unha nova poxa de renovables inxectará enerxía barata ao sistema

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, anunciou a convocatoria dunha nova poxa de enerxías renovables para inxectar ao sistema outros 3300 megawatts máis de tecnoloxías limpas que, ademais, cobrarán un prezo fixo pola venda das súas enerxías ao sistema durante os vindeiros anos. Trátase da segunda poxa do ano, pois en xaneiro celebrouse outra para 3000 megawatts eólicos e fotovoltaicos, que cobrarán unha media que non chega aos 30 euros por megawatt hora producido; ou sexa, un terzo do que custa estas semanas no mercado almacenista.

A Xunta prevé a creación de 4500 novos empregos no sector TIC en cinco anos

A Unión Europea debuxa un porvir dixital e Galicia non quere quedar atrás. A Xunta concibe a especialización tecnolóxica e o impulso ao talento dixital como “un dos alicerces” sobre os que pivota nese ámbito o futuro da comunidade. Por iso é polo que unha das súas preocupacións sexa o “formar a un maior número de especialistas dixitais”, a través da promoción das vocacións científico-tecnolóxicas, e “crear unha contorna adecuada” para que poidan desenvolver a súa traxectoria profesional en Galicia.

Galicia escala postos no ranking europeo de innovación pero fraquea en gasto en I+D

Galicia mellora en innovación pero arrastra importantes debilidades, que a seguen situando por detrás dun dos seus principais competidores, o Norte de Portugal, e tamén por baixo da media da UE. É o diagnóstico que arroxa o último Informe de Innovación Rexional da Comisión Europea, correspondente ao ano 2021. Galicia consegue escalar 34 postos no ranking europeo. Se hai dous anos ocupaba a praza 190, agora sitúase na 156 dun total de 240 rexións.

Páxinas