Febreiro 2022

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Arranca en Tecnópole a 4ª edición de “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, que busca potenciar os estudos científicos entre as rapazas de Secundaria

O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas-, debido á súa baixa participación nestas materias.

O Parque Tecnolóxico de Galicia acolle a exposición “As mulleres que nos levaron á Lúa”, coa que se pretende rachar estereotipos sexistas

No marco do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, a exposición “As mulleres que nos levaron á Lúa” poderá visitar en Tecnópole (na entrada do edificio CEI), onde permanecerá ata mediados de febreiro. Na mesma ponse de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron clave para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á Lúa, visibilizando referentes femininos en ámbitos de futuro como a enxeñaría aeroespacial.

Alumnado de 10 a 18 anos de toda Galicia pode participar no desafío científico “Atrévete coa Economía Circular!” de Galiciencia

Galiciencia é a maior feira científica da na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación). Esta 17ª edición celebrarase no mes de maio de xeito presencial, coa “Economía Circular” como lema.

Aerocamaras lanza un completo software de xestión para a industria dos UAV

Aerocamaras, empresa galega centrada na formación, no deseño e a construción de drons, vén de desenvolver un software pioneiro de xestión aeronáutica á medida das necesidades da industria UAV (vehículos aéreos non tripulados polas súas siglas en inglés). Trátase de AERONET, unha plataforma que aspira á dirección integral dos procesos e a adopción global deste tipo de aparellos, tanto por parte de pemes como polas grandes operadoras que empregan esta tecnoloxía.

ODS Protein fabrica en Tecnópole proteínas alternativas ás de orixe animal

Iria Varela e Martín Rodríguez, titulados en Bioloxía pola UVigo, son os cofundadores de ODS Protein, un proxecto que naceu durante o seu último ano de carreira e que, grazas ao programa Incuvi, constituíase como empresa en abril de 2021. Tras a súa selección na modalidade Consolida, escalarán e validarán os seus procesos de obtención de proteínas para empezar a comercializalas “entre 2023 e 2024”.

Roberto Verino cumpre 40 anos en pleno relevo xeracional

Este 2022 Roberto Verino, a firma de moda que o deseñador ourensán fundou cun taller no seu Verín natal -de aí vén o nome da firma, que o modisto elixiu como unha homenaxe ao seu pobo, sendo o seu apelido Mariño-, cumpre 40 anos. Non é unha cifra baladí nunha industria na que as datas de caducidade -das tendencias, dos directores creativos, do talento- son cada vez máis curtas.

Gran parte das principais empresas ourensás cre terse inoculado contra o virus da crise

As principais empresas ourensás pisaron o acelerador no 2021 e, aínda cos mercados en fase de recuperación, os balances do exercicio poden parecerse bastante aos anteriores á pandemia. Na maioría dos casos a conta de resultados xa é favorable, aínda que a automoción, tanto en fabricación como distribución, segue ao ralentí.

Coren redobra as súas apostas para mellorar a súa liña de produtos para seguir conquistando novos mercados, ampliando a súa presenza actual no medio centenar de países que xa achegan ao balance do grupo case un de cada cinco euros.

O gran reto galego das tecnoloxías disruptivas

Galicia disporá dun acordo marco para seleccionar a provedores de tecnoloxías disruptivas, aos que poderán recorrer todos os departamentos da Administración Xeral da Comunidade Autónoma e as entidades públicas.

As empresas demandan expertos en ciberseguridade

Os ciberdelincuentes, cada vez máis preparados, campan ás súas anchas nunha contorna que medra máis rápido que os profesionais que poden cortarlles as ás. Un informe de Accenture confirma que un 82% das organizacións admitiu aumentar os seus orzamentos de ciberseguridade no último ano, e estes fondos representan até un 15% do gasto total en TI.

O ‘laboratorio vivo’ que conecta todas as posibilidades do 5G

O despregamento do 5G comeza a tomar forma en España grazas ao labor de proxectos como 5Tonic, onde empresas e institucións interesadas nos posibles usos desta tecnoloxía teñen a oportunidade de levar a cabo proxectos e investigacións nun espazo provisto de toda a infraestrutura necesaria e que brinda as capacidades completas dunha rede comercial nunha contorna reducida e controlada.

Páxinas