A Xunta de Galicia vén de autorizar o convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) para impulsar a aceleradora Galicia Avanza, especializada na internacionalización das pemes innovadoras. Destinarase un investimento de 2,24 millóns de euros para celebrar dúas convocatorias entre este ano e o que vén co obxectivo de apoiar 60 iniciativas.
O Parque Tecnolóxico de Galicia é o lugar elixido pola Xunta para pór en marcha o Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia. O proxecto, ao que se dotou cun investimento inicial de 3,5 millóns de euros, é unha ferramenta clave dentro da estratexia que o Goberno galego está a desenvolver para fortalecer a defensa contra a ciberdelincuencia, cada vez máis sofisticada e diversificada en canto aos campos sobre os que actúa, tanto contra as persoas particulares ou os seus bens como en ataques contra empresas ou as propias institucións públicas.
O Parque Tecnolóxico de Galicia está a desenvolver ao longo deste curso a duodécima edición das Aulas Tecnópole, dirixidas a espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado de 12 a 18 anos. Tal como explica o coordinador desta iniciativa, David Ballesteros, “durante o curso os rapaces traballan nun proxecto de investigación que lles atrae e logo presentámolos a feiras e congresos para darlles visibilidade”.
O que sabe de moda aprendeuno en París. Roberto Verino quedou prendado do oficio mentres estudaba Belas Artes na capital francesa. Unha paixón que quixo compartir cos seus comezando un negocio na súa terra, a localidade ourensá de Verín. De aí o seu apelido “artístico”. O do DNI, Mariño, é ben coñecido nunha contorna rural que, até entón, non tiña tradición na industria téxtil.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou que a nova Axenda da Industria Forestal 2022-2024 nace da concienciación colectiva de toda a cadea de valor do sector da madeira para lograr dar un salto de calidade en materia de competitividade, diversificación, sustentabilidade e formación.
Vigo converteuse na primeira universidade galega en probar as vantaxes da tecnoloxía 5G en ámbitos como a seguridade ou a xestión da mobilidade. Os test consistiron en medir o tráfico no campus e realizáronse entre a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o centro de investigación atlanTTic. Participaron tamén Optar Solutions, Orange, Ericsson e Amtega. Forman parte do Plan Nacional 5G financiado por Rede.es.
«Hai que pór fin a tirar todos os días camións cheos de roupa», asegurou Kirsi Terho, directora de contas de Infinited Fiber, unha empresa finlandesa dedicada a elaborar novas fibras téxtiles reciclando as que xa están usadas. É hora de converter a industria téxtil, considerada unha das máis contaminantes, nun sector sustentable, cuxos produtos poidan ser reutilizados unha e outra vez e non deixen nin rastro no medio ambiente unha vez remate a súa vida útil.
O 43,06% das empresas que empregan especialistas en tecnoloxía en Galicia contratan mulleres con esta especialidade, unha porcentaxe que só superan Madrid cun 44,26%, e Estremadura cun 43,94%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.
O Goberno publicou a primeira convocatoria de axudas, por importe de 500 millóns de euros, do programa Kit Dixital, que ten unha dotación total de 3067 millóns dos fondos Next Generation da Unión Europea, recollida no Boletín Oficial do Estado (BOE). O programa Kit Dixital está dirixido a dixitalizar as empresas de entre 10 e 49 empregados e aos autónomos, aos que ofrece bonos por valor de 12.000 euros para poder adquirir as solucións que ofrece o programa Kit Dixital.
A Xunta porá en marcha a certificación galega de excelencia en igualdade, unha marca que ultima no seo do diálogo social para distinguir ás empresas galegas comprometidas coa igualdade entre mulleres e homes e que fomenten o benestar laboral entre os seus traballadores. Trátase dun recoñecemento público ás compañías que sexan exemplo de boas prácticas neste ámbito.