Froito dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia ponse en marcha en Tecnópole “Galicia Avanza”, un programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas. Poderán participar ata 30 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.
Galiciencia é a maior feira científica da nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación). Esta 17ª edición celebrarase no mes de maio de xeito presencial.
Coa multiplicación exponencial dos envíos a domicilio, disparouse o número de empresas de “delivery” de todo tipo, desde as de mensaxería ás de comida preparada. Coche, motocicleta, patinete, bicicleta son os vehículos que habitualmente se utilizan nas tarefas de reparto. A eles súmanse agora os drons, que destacan pola súa rapidez de entrega e a súa capacidade de acceder a lugares imposibles para outros métodos de transporte.
Á análise da auga dedícanse os laboratorios Akunatura, unha empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia que dá emprego a catorce traballadores. Patricia Alonso, a directora, detalla que “facemos análises de todo tipo de augas de consumo e residuais. Examinamos todos os parámetros físico-químicos e microbiolóxicos, todo o necesario conforme á lexislación”.
Porque sen auga non é posible a vida. “Sabémolo, ten un papel moi importante. Niso traballan concellos e industrias alimenticias, coa auga como proxecto básico, coa conformidade da calidade como bandeira”, engade.
A Universidade de Vigo propuxo a implantación en Ourense do Instituto de Física e Tecnoloxía Aeroespacial, IFTA. O proxecto é novo e atópase por agora en fase administrativa. Será impulsado por 19 investigadores con vinculación permanente á UVigo, entre os que se atopan profesores dos campus de Ourense e Vigo.
O deseñador de moda Roberto Verino abrirá as portas do seu atelier aos alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca a fin de favorecer as prácticas académicas en empresa mediante a firma dun convenio de colaboración. O documento leva a rúbrica do propio Verino, presidente da compañía Roberto Verino Difusión, e do reitor da Usal, Ricardo Rivero, quen recibiu ao modisto.
Despois das caídas do 2% en emprego e 40% en facturación que sufriu o sector en 2020, o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) inicia a esperada senda de crecemento. Pero problemas no abastecemento de enerxías e materias primas, incremento de custos e a necesidade de formar ao persoal preocupan ás empresas para consolidar a recuperación.
A industria forestal e da madeira alcanzou en Galicia no ano 2021 algunhas cifras récord. O principal fito é que, por primeira vez, rozáronse os 10 millóns de metros cúbicos de madeira cortada en monte, cun total provisional de 9,98 millóns de metros cúbicos. O sector roldou ademais unha marca de 2500 millóns de euros de facturación, un dato que se sitúa mesmo por enriba da facturación do ano 2007, antes de comezar a gran crise do sector en Galicia.
A pandemia, primeiro, e agora a guerra de Ucraína puxeron a Europa fronte ao espello e exposto as súas principais debilidades. Tras décadas de apostar pola desindustrialización e as deslocalizacións, os países da Unión son extremadamente dependentes de terceiros en áreas clave como a dos semiconductores, o dispositivo tecnolóxico máis cotizado na actualidade.
Estas son as condicións que han de cumprir os autónomos e empresas para solicitar as axudas do programa Kit Dixital:
_Crear un usuario en AceleraPyme e completar os datos do apoderado e da empresa.
_Realizar o test de diagnóstico dixital en AceleraPyme. Un cuestionario para coñecer o estado de dixitalización das empresas solicitantes e cuxo obxectivo é estatístico, non condiciona a concesión da axuda nin as solucións que se poden elixir.