O pimeiro premio da 17ª edición de Galiciencia, celebrada baixo o lema da “Economía Circular”, recaeu no proxecto “Pondal nature, cosmética natural” de Carla García Pedrosa e Noa Caride, do CPR Eduardo Pondal de Cangas. As rapazas investigaron e levaron a cabo distintas receitas de uso tradicional para facer produtos de coidado persoal, a base de ingredientes naturais asequibles e respectuosos co medio, en particular plantas comúns que eles mesmo cultivan.
Os centros de educación Secundaria de Galicia amosaron un elevado interese por participar nas actividades da Aula Newton, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, o que propiciou que as 18 sesións previstas ata o mes de xuño se esgotasen en apenas 4 horas.
A Aula Newton Galicia, promovida conxuntamente pola Xunta de Galicia, Boeing, a organización sen ánimo de lucro First Scandinavia e Tecnópole, foi inaugurada o 19 de outubro de 2021 e no seu primeiro trimestre de actividade case 300 alumnos e alumnas gozaron desta experiencia de aprendizaxe.
O papel das aceleradoras foi determinante para xerar unha cultura do emprendemento e está a permitir a aparición de proxectos innovadores nos sectores máis dinámicos da economía galega.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou a creación dunha senda peonil de 2,8 km en total. Trátase dun investimento de 1 millón de euros destinados a mellorar as marxes peonís na marxe esquerda da estrada OU-101.
As obras comezarán no outono e afectarán a Medorra e Paiseo, en Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz. O obxectivo é que estes tramos poidan estar xa a disposición da cidadanía na primavera de 2023.
Ourense leva máis de vinte anos no mapa do sector aeronáutico. Faino da man de Coasa, que abriu as súas instalacións no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas) no ano 2001 e que pertence á multinacional Aernnova. A firma asentada en Ourense conta cunhas instalacións de máis de 13.000 metros cadrados, que dan emprego a unhas 300 persoas e que facturan uns vinte millóns de euros grazas á elaboración de pezas para avións.
Endesa e a cooperativa galega Coren asinaron un contrato de subministración eléctrica a cinco anos con prezos estables. O acordo tamén abre unha senda para explotar de maneira conxunta o desenvolvemento de proxectos no ámbito da eficiencia enerxética e as enerxías renovables nas súas granxas e industrias. O convenio foi asinado na sede de Coren en Ourense polo presidente da cooperativa, Manuel Gómez-Franqueira, e o director de clientes B2B de Endesa, Juan José Muñoz.
Os máis novos da casa xa poden aprender a voar un dron. As aeronaves non tripuladas convertéronse nos reis do aire e representan o presente e, sobre todo, o futuro para multitude de sectores: a demanda de pilotos de dron en España é cada vez maior e volveuse imprescindible en moitos sectores de actividade.
Na Unión Europea, só unha de cada dez patentes de tecnoloxía propia da cuarta revolución industrial vén dunha empresa pequena ou mediana. En España, esa proporción duplícase: dúas de cada dez destas solicitudes de protección de innovación procede dunha peme, o que supón a terceira proporción máis alta no ranking europeo.
Galicia xa ten definida a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia até 2027, que sitúa a sustentabilidade, a innovación e as persoas como os eixos das políticas de I+D+i da Xunta cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5.000 millóns de euros de investimento público-privado.
O Ministerio de Industria pon a disposición das empresas e pemes 140 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para avanzar na transformación dixital da industria de Galicia. O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio das axudas Activa Financiamento, de apoio financeiro a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito da Industria Conectada 4.0.