A feira científica Galiciencia está promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación).
O Parque Tecnolóxico de Galicia promove, un ano máis, a X edición do campamento tecnolóxico de verán T2W -Tecnópole Technological Workshops-, en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Esta iniciativa forma parte da aposta de Tecnópole pola divulgación científica de calidade entre os máis novos.
O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas-, debido á súa baixa participación nestas materias.
A crecente demanda enerxética levou a moitos países a reforzar as súas fontes de enerxía renovables e non dubidan en apostar polos drons para mellorar o mantemento das infraestruturas por un dobre motivo: abarátanse custos e minimízanse os riscos para as vidas humanas. Ante este novo escenario, Aerocámaras, compañía líder en formación e operacións con aeronaves non tripuladas, desenvolveu un sistema de inspeccións técnicas de parques eólicos co que xa opera tanto a nivel nacional como internacional, destacando a súa recente presenza en Latinoamérica.
Coren é o maior cliente do transporte ferroportuario de Galicia. Dous terzos das mercadorías que son transportadas por ferrocarril procedentes dos portos galegos teñen o seu destino nas factorías de procesado de pensos que a cooperativa ourensá posúe en San Cibrao das Viñas. En 2020 supuxo un volume superior ás 300.000 toneladas, dun total de algo menos das 450.000 que foron descargadas en todos os portos galegos e transferidas aos seus respectivos destinos a bordo de trens mercantes.
Akunatura é unha empresa experta nas necesidades analíticas tanto de empresas privadas como públicas que comezou a súa andaina en 2007. O seu prestixio non deixou de medrar grazas á variada gama de servizos relacionados coa saúde. Conta cun laboratorio de análise clínica onde se realizan análises de sangue, ouriños, cultivos, análises microbiolóxicas… Traballan con aseguradoras e clínicas de toda Galicia.
O Consello da Xunta aprobou unha nova liña de axudas para consolidar pequenas e medianas empresas (pemes) do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade. Destinaranse a este fin até tres millóns de euros, procedentes dos fondos REACT-UE.
A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa “Responsabilízate”, unha iniciativa que ofrece asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes a incorporar criterios sustentables na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, así como no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial (RSE).
A Xunta ofrece o Bono de Enerxía Peme ás pequenas e medianas empresas para renovar os seus equipamentos e lograr un maior aforro enerxético. Este programa impulsouse o ano pasado para reactivar a economía debido á situación xerada pola Covid-19. Agora vólvese a convocar dentro do plan de choque da Xunta de Galicia para facer fronte á actual carestía dos produtos enerxéticos e a inflación.
O Goberno lanzará a segunda convocatoria do kit dixital para dixitalizar pemes cos fondos europeos en xuño ou xullo para firmas de entre tres e nove traballadores, mentres que a terceira iniciarase en setembro ou outubro para compañías e autónomos de entre cero e dous empregados. Así o confirmou o director xeral de Red.es, Alberto Martínez Lacambra, quen desvelou que ambas estarán dotadas con 500 millóns de euros cada unha, como a primeira convocatoria, ampliables segundo as peticións que reciba o seu departamento, dependente do Ministerio de Economía.