A Xunta de Galicia licitou o proxecto do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia co obxectivo de que sexa unha realidade a mediados de 2025, logo dun investimento de 4,2 millóns de euros. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentaron este proxecto en San Cibrao das Viñas, onde se emprazará o equipamento.
Se falamos de tecnoloxía na provincia de Ourense, a Tecnópole é necesariamente un referente para calquera empresario do sector. O proxecto de capital mixto, e que se atopa liderado pola Xunta, cumpre trinta anos de historia con máis dun centenar de empresas.
Aínda que a súa actividade vai máis aló do sector tecnolóxico, o certo é que varias das sociedades que lideran o ranking ourensán das TIC atópanse nas súas instalacións. É o caso de Primux Trading e Egatel, que lideran a fabricación de compoñentes tecnolóxicos desde as instalacións que teñen no Parque Tecnolóxico de Galicia.
O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) de Ourense naceu no ano 2005, creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta. O seu obxectivo era potenciar o desenvolvemento en I+D+i nas empresas, así como promover a unión entre industria e universidade. Segundo os datos que rexistra o centro ourensán, nos últimos catro anos, un total de 25 empresas, organismos públicos e grupos de investigación (nacionais e internacionais) usaron as súas instalacións, o que supuxo unha facturación por servizos duns 11.000 euros de media anual.
O Grupo Coren conseguiu aprovisionarse de cereal ucraíno de forma provisional, un dos seus provedores fundamentais até a invasión rusa. Chegou a Galicia o primeiro barco de millo procedente deste país desde o inicio do conflito bélico, con case 20 millóns de quilos de millo para a subministración do sector alimentario galego. Coren destaca que “é importante de cara a garantir o abastecemento de cereais polo bloqueo do mercado tanto ucraíno como ruso, que eran dous produtores moi importantes”.
A versatilidade dos drons posibilita que, tanto a Garda Civil como outros corpos policiais, caso da Policía Local de Poio, poidan empregalos en numerosos escenarios de intervención. Desde aqueles operativos enmarcados na procura e rescate de persoas até todo tipo de emerxencias, pasando pola xestión do tránsito de vehículos, accidentes de tráfico, control forestal e de fronteiras, incidentes ambientais... Son todos escenarios nos que os axentes poden botar man dunha aeronave non tripulada para acometer distintos labores.
“A moda foi para Galicia un motor de innovación social, industrial e económico fundamental e transformador”, declaraba Manuel Roberto Marino Fernández (Verín, 1945), o deseñador de moda que logrou traspasar fronteiras como Roberto Verino e edificou a súa firma téxtil sobre un apelido adoptado en homenaxe ás súas raíces.
No ranking de facturación das empresas ourensás asoman cada vez con máis frecuencia sectores emerxentes que están vencellados ás novas tecnoloxías. As denominadas TIC son aquelas que teñen actividade económica, tanto de tipo industrial como de servizos, relacionada co negocio da información e a comunicación. De acordo cos datos do último informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, as sociedades ligadas a este sector facturaron en 2020, xa coa pandemia polo medio, preto de oitenta millóns de euros e conta con 34 empregados.
A cadea monte-industria é un sector en alza. Demóstrano os datos de facturación das empresas que están asociadas ao Clúster da Madeira, que alcanzaron o ano pasado os 1774 millóns de euros. A cifra non só representa un 18% máis que no exercicio anterior, tamén equivale ao 90% da facturación total do sector.
Unha das claves para a expansión de pequenas empresas é dar co investidor adecuado que lle permita medrar. E as startup galegas contan xa coa ferramenta perfecta: un radar dinámico con información de cada unha delas, desenvolto por Linknovate, en colaboración con Startup Gal, o Clúster da Saúde e Bioga.
“Xa ninguén pon en cuestión a existencia dunha fenda de xénero internacional nas traxectorias educativas de nenas e mozas nos ámbitos científico-tecnolóxico”. Así de claro se expresa o Ministerio de Educación en Radiografía de la brecha de género en la formación Steam, o seu primeiro “estudo en detalle da traxectoria educativa de nenas e mulleres en España”. Pero, seguro que “ninguén”?