O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” púxose en marcha como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Nesta iniciativa van participar 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade, seleccionadas entre as 42 presentadas.
O complexo de Tecnópole, situado en San Cibrao das Viñas, é o elixido pola Xunta de Galicia para implementar un proxecto piloto da que será a primeira comunidade enerxética galega, unha medida que se enmarca na Axenda Enerxética 2030, á que o Consello do Goberno autonómico deu o visto e prace. O investimento no espazo ourensán será de dous millóns de euros, e o proxecto contempla unha potencia instalada de dous megawatts para a xeración de 2500 megawatts hora cada ano.
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director xeral do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), Javier Tabo, visitaron no Corgo a peme Jamones González, seleccionada xunto a outras 29 empresas galegas no programa Galicia Avanza, unha «aceleradora de internacionalización da innovación» que ten como obxectivo situar no mercado exterior a solucións innovadoras no menor tempo posible.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou na clausura da asemblea da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) que a primeira edición da aceleradora Galicia Avanza axudará a 30 pemes innovadoras a exportar co apoio da Xunta e a Tecnópole.
Galicia Avanza, unha aceleradora impulsada pola Administración galega e a Tecnópole, conta cun orzamento de 2,24 M€ para fomentar a internacionalización das empresas. Nesta primeira edición serán 30 as pemes innovadoras ou de base tecnolóxica que se beneficien desta iniciativa para exportar os seus produtos e servizos.
Os drons deixaron de ser un xoguete divertido para converterse nunha ferramenta cada vez máis útil e funcional. O número de concellos que os incorporan aos seus plans de seguridade aumenta de forma paralela ás prestacións destas pequenas máquinas voadoras, de fácil manexo, mínimo mantemento e múltiples aplicacións.
Roberto Verino encara a recuperación. A compañía galega de moda ten previsto regresar en 2022 aos niveis de venda prepandemia tras volver a números negros en 2021. Para afianzar a recuperación, a empresa prepara a súa entrada en novos países.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ultima a elaboración da Guía de boas prácticas para a integración paisaxística de áreas empresariais co obxectivo de que poida ser publicada a finais deste ano. O director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, e o director xeral do IGVS, Heriberto García, mantiveron unha reunión técnica na que avaliaron tanto a estrutura definitiva da guía como a súa ensamblaxe coa Lei de Áreas Empresariais de Galicia, aprobada polo Consello da Xunta o pasado mes de abril.
As enerxías renovables serán fundamentais no futuro, e, de feito, xa o son tamén no noso presente. Nun mercado cos prezos da electricidade tan disparados como o actual, sumido na crise dos combustibles fósiles e cuxo obxectivo é contaminar o menos posible, é evidente que hai que buscar formas de manter o noso modo de vida que pasen por alternativas máis respectuosas co medio ambiente (e tamén co peto).
A Real Academia Española define a intelixencia artificial como a disciplina científica que se ocupa de “crear programas informáticos que executan operacións comparables ás que realiza a mente humana, como a aprendizaxe ou o razoamento lóxico”. A revolución da que abrevian como IA no sector é silenciosa en Ourense, pero está a despuntar: máis de 1000 empresas da provincia xa empregan tecnoloxías de intelixencia artificial nos seus procesos. As aplicacións son infinitas, da informática á sanidade, pasando polo lecer.
O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca unha nova liña de axudas directas destinada a microempresas e pemes que ten como obxectivo “mellorar con carácter inmediato a súa capacidade de innovación como ferramenta para fomentar a competitividade empresarial en Galicia”. Cun orzamento dun millón de euros, os Bonos de Innovación pretenden chegar a 50 beneficiarios poñendo o foco nas firmas que incorporan por primeira vez o factor transformador na súa estratexia.