O Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de cumprir trinta anos. A inauguración oficial da Tecnópole tivo lugar o 10 de outubro de 1992 e estivo presidida polo aquel entón presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne. Non foi un parto sinxelo. Falar de tecnoloxía fai tres décadas non era doado e menos nunha provincia de interior como Ourense, pero a aposta consolidouse co paso do tempo até converterse nun polo tecnolóxico da comunidade.
Un total de 30 empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade están a participar no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza”. Esta iniciativa púxose en marcha como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
A nosa comunidade foi a máis premiada nos galardóns anuais Porc d´Or, que recoñecen o traballo das granxas españolas de porcino máis punteiras do país. Dos 12 galardóns entregados en Galicia, 11 explotacións son da empresa ourensá Coren, líder do sector. Tal como explican desde a organización, os criterios empregados para outorgar os 45 galardóns de ouro, prata e bronce, son a Taxa de Partos, a de Lonxevidade e a de Produtividade Numérica.
Zona Franca de Vigo e o deseñador ourensán Roberto Verino presentaron as dez empresas seleccionadas para a primeira aceleradora téxtil que convocan, ViaTextil. O delegado do Estado, David Regades, e o deseñador anunciaron as firmas promesa e oficializaron o comezo desta formación. Ambos lembraron que o obxectivo do programa de aceleración é ofrecer un plan de empresa baseado na detección de oportunidades, proporcionar competencias e formación a medida por profesionais destacados do sector, encontros Networking e acceso a financiamento.
O inverno de 2023 prevese o máis frío da historia da Unión Europea (UE). E non polas temperaturas, senón pola dificultade de encher as reservas de gas -Rusia cortou a billa-. Substituír a súa subministración pola doutros provedores podería ser inasumible, vistos os prezos do último ano. Hai alternativa? Bruxelas cre que si.
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e a Fundación EOI, adscrita á Secretaría Xeral de Industria e PEME, publicaron dúas ordes ministeriais polas que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas, así como as primeiras convocatorias do Programa «Generación Digital Pymes», que forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Sen dúbida, as pequenas e medianas empresas son os actores máis vulnerables ante un ataque informático, xa sexa por falta de protección ou medidas de prevención ou problemas para liquidar a ameaza. De feito, unha de cada tres pemes (32%) recoñece que perdeu clientes como resultado dun ciberataque, segundo o informe Ciberpreparación 2022 de Hiscox, aseguradora internacional especializada en empresas.
A pesar de que a demanda de talento no mercado laboral ascendeu un 40% no último ano, só o 11% dos candidatos contan coas habilidades necesarias, segundo o informe Dixital Talent Overview 2022. Neste contexto, adaptarse e especializarse en tecnoloxías dixitais é decisivo, e máis se temos en conta que no último ano a procura de perfís dixitais aumentou un 7,8% en base ao barómetro mensual TIC Monitor, deVASS e o Centro de Predición Económica (Ceprede).
O teletraballo non veu para quedar, polo menos en España, xa que as cifras das persoas que traballan na casa é tres veces menor que en Irlanda, que é o país europeo no que está máis estendido. Segundo datos de Eurostat analizados por Funcas no último Focus on Spanish Society, Irlanda é o país europeo cunha porcentaxe máis alta de persoas que traballan “habitualmente” -alomenos a metade dos días traballados- desde a casa: un terzo dos ocupados de 20 a 64 anos (33%) facíao en 2021, unhas tres veces máis que en España (9,6%).
O Informe Europeo de Pagos de Intrum reflicte que, durante o último ano, o 64% das empresas galegas -60% en España- incrementaron significativamente os seus esforzos para ser máis sustentables. Unha das razóns desta maior implicación é que o valoran como un alicerce fundamental para manter os seus clientes, especialmente no que respecta aos criterios ambientais.