A automoción de Vigo pide axilidade á UE para desenvolver o coche de hidróxeno

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Stellantis (antiga PSA) pide que se «axilicen os trámites» en Madrid e na Unión Europea para executar os investimentos do proxecto AutoAncora. A factoría viguesa pilota con Ceaga e o CTAG esta iniciativa do sector da automoción, a máis potente de cantas aspiran en Galicia a obter os fondos de recuperación Next Generation, cun investimento previsto de máis de 1300 millóns de euros e a creación de 900 postos de traballo.

Dous laboratorios (un de enerxías limpas e outro de probas) e o desenvolvemento do vehículo de hidróxeno esperan. O AutoAncora to lead Transformation for Next Mobility está configurado ao redor de sete liñas: impulsar investimentos para aumentar a competitividade das empresas e promover a súa transformación dixital e ecolóxica; optimizar os fluxos loxísticos, aumentar a capacitación dos profesionais do sector nas habilidades dixitais e tecnolóxicas, mellorar a competitividade a través da innovación nos procesos de fabricación, desenvolver iniciativas relacionadas co vehículo do futuro (conectado, autónomo, ecoeficiente…), construír unha infraestrutura singular para o desenvolvemento e a validación de vehículos de nova xeración e crear un laboratorio de integración de tecnoloxías de propulsión limpa.

O CTAG quere desenvolver toda a investigación e desenvolvemento sobre novas xeracións de vehículos eléctricos e propulsados con pilas de hidróxeno. Este é un dos retos que aspira a lograr financiamento europeo. Esta tecnoloxía de vangarda baséase nunha reacción química entre o hidróxeno e o osíxeno no interior das pilas de combustible, en lugar de na combustión de combustibles fósiles. Aínda que nos seus comezos foi desenvolta para propulsar naves espaciais, actualmente as pilas de combustible teñen un potencial de aplicación moito máis amplo.

As estacións de reposición de hidróxeno, que poden procesar o gas in situ ou traelo xa procesado, están a buscar métodos de produción como a electrólise ou o reformado con vapor. Antes de poder dispensar hidróxeno a un vehículo de pila de combustible tense que comprimir. Toyota, que xa fabrica a súa furgoneta en Vigo, adiantouse aos demais, que seguirán o seu ronsel. O proxecto AutoAncora trata de mellorar a seguridade e a eficiencia na nova mobilidade non só co hidróxeno senón no coche autónomo.

Fonte: La Voz de Galicia