As empresas que contarán con axudas públicas á innovación este ano serán case 1900, máis do dobre que o ano pasado. Seis de cada dez firmas recibirán unha subvención da Xunta para "a absorción de coñecemento por parte das pemes" e o resto para "captar capital privado para procesos de innovación galegos".
A Xunta de Galicia convocou as axudas do programa Principia para a contratación de profesionais mozos de I+D+I, que se poden solicitar ata o próximo 11 de abril e que inclúen axudas de 10.000 euros por contrato.
Cun presuposto de 1,1 millóns de euros, o obxectivo é favorecer a contratación de 110 persoas durante un período mínimo dun ano, segundo manifestou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) mantén aberta ata o 20 de setembro a súa convocatoria do programa NEOTEC, co que se comprometen un total de 20 millóns de euros para impulsar novos proxectos empresariais de base tecnolóxica e científica, coas que se poderán financiar ata o 70% do presuposto de cada un dos proxectos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de activar unha nova edición do programa ReAcciona, deseñado para reforzar a competitividade das pemes facilitando a implantación de proxectos de mellora adaptados ás súas necesidades. A primeira convocatoria da nova edición, segundo as bases que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), está aberto á presentación de solicitudes ata o próximo 16 de setembro e permitirá impulsar un millar de proxectos de mellora competitiva en máis de 600 empresas.
O Consello de Ministros aprobou a convocatoria de 2016 do Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN), dotada con 100 millóns de euros. Grazas a ela, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) investirá en grandes proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental realizados por consorcios empresariais en colaboración con centros de investigación.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) comprometerá 10 millóns de euros en subvencións durante o período 2016-2019 para financiar proxectos de I+D que sexan desenvolvidos por empresas españolas no marco dos programas Multilaterais EUREKA e IBEROEKA, así como noutros programas bilaterais subscritos con diversos países.
O CDTI anunciou que comprometerá na nova convocatoria do programa FEDER-Innterconecta 50 millóns de euros en subvencións para financiar, durante o período 2016-2018, proxectos tecnolóxicos nos que participen consorcios empresariais e cuxos desenvolvementos se realicen en Andalucía, Canarias, Castela A Mancha, Estremadura, Galicia, Murcia, Ceuta e Melilla. O prazo de presentación xa está aberto e finalizará o 20 de xuño de 2016.
As pequenas e medianas empresas poden solicitar ao Ministerio de Economía e Competitividade axudas para a contratación de tecnólogos titulados universitarios ou non universitarios con formación profesional de grao superior ou equivalente para a realización de actividades de I+D+I. O prazo permanecerá aberto ata o 4 de maio.
A Secretaría Xeral de Industria e da Peme do Ministerio de Industria convocará proximamente os empréstitos para o investimento industrial correspondente ao Programa de reindustrialización e da Competitividade Industrial no ano 2016. O presuposto ascende a un total de 757,5 millóns de euros a disposición do sector empresarial privado, cunha reserva de fondos para zonas especialmente necesitadas.
O Ministerio de Economía e Competitividade abriu até o 3 de marzo o prazo de solicitude de axudas á contratación de doutores en formación en empresas. Mediante esta liña de actuación, cofináncianse os contratos laborais do persoal investigador en formación que participen nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental dentro da empresa solicitante. O contrato subvencionado poderá prolongarse até 4 anos e o investigador ten que enmarcar o traballo na súa tese doutoral.