Buscando como é o virus galego

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Hai unha historia da pandemia que ninguén coñece con detalle. É a historia que está escrita no código xenético do virus. Se se puidesen analizar o material xenético dos coronavirus que infectaron a máis de 130 millóns de persoas no mundo, poderíase escribir esa historia con absoluta precisión: quen contaxiou a quen, que camiños seguiu o patóxeno, onde apareceron as mutacións e como viaxaron polo mundo... Iso é o que, a escala galega, está a tentar o proxecto Epicovigal, un consorcio que coordina o biólogo evolutivo David Posada, catedrático de Xenética da Universidade de Vigo. «O noso propósito é saber como circula o virus no tempo e no espazo, coñecer que está a pasar e que pasou», resume.

O proxecto traballa en dous grandes obxectivos. Un é pescudar como é o virus que circulou por Galicia e os cambios que foi sufrindo desde a súa chegada, en marzo do ano pasado, até agora. O outro é saber que pasa estes días, nos que están a aparecer novas variantes.

O SARS-CoV-2 que se illou por primeira vez en Wuhan fai menos dun ano e medio non é o mesmo SARS-CoV-2 que estes días circula polo mundo. Todos os virus xeran copias de si mesmos cando infectan un paciente e nese proceso aparecen erros fortuítos. Son as mutacións, pequenos cambios no ARN que poden ter moita importancia ou ningunha. O que está claro é que o virus leva mutando desde o minuto un.

Todos os hospitais galegos almacenan miles de mostras dos pacientes que diagnosticaron desde que empezou a pandemia. Epicovigal xa está secuenciando unha parte desas mostras, é dicir, obtendo todo o xenoma do virus para identificar os seus cambios.

Fonte: La Voz de Galicia