Clusaga estrea o seu plan estratéxico ata 2025

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) ten clara a liña que debe seguir nos vindeiros anos para que o sector siga a ter un papel central na economía galega, tanto en termos produtivos como sociais. Tanto é así que Clusaga aprobou, na última asemblea xeral, o seu Plan Estratéxico 2021-2025.

Este documento converterase na folla de ruta que a organización seguirá nos vindeiros anos e basearase na innovación, a dixitalización, a sustentabilidade e a internacionalización, así como no impulso do talento e a promoción do emprendemento. Tamén se deu luz verde á configuración da nova xunta directiva.

A folla de ruta do clúster apunta a necesidade de promover a sustentabilidade e a bioeconomía dentro das compañías para favorecer a transición cara a un sector máis sustentable. Algo que Clusaga poderá lograr tras converterse nun dos seleccionados da iniciativa “Cara a unha transición verde” promovida pola Comisión Europea. A través deste proxecto, o clúster trasladará formación e asesoramento sobre oportunidades, ferramentas e tecnoloxías de transición verde ás súas empresas asociadas.

Incorporou seis vogais á súa xunta: Ismael Martínez (CLUN), Diego Pérez (Gadis), Margarita Hermo (Jealsa), Isabel Cañas (Congalsa), Andrés Faíña (UDC) e Pedro Arenas (Ceamsa).

Fonte: El Correo Gallego