O Congreso aproba a Lei de Startups, que se agarda entre en vigor o vindeiro xaneiro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Congreso aprobou a Lei de Startups, coa que o Goberno busca converter a España nun polo de emprendemento e atraer investimento. A norma, que incorpora cambios consensuados cos actores do sector e o resto de partidos, prevese que entre en vigor o 1 de xaneiro de 2023. A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, asegurou que “o business case que expón o Goberno é que en tres anos tras a entrada en vigor da nova lei podamos conseguir un incremento mínimo do 20% sobre o investimento actual” no sector do emprendemento.

A lei inclúe importantes medidas fiscais, elimina trabas burocráticas e flexibiliza trámites para fomentar a creación e o investimento en empresas emerxentes de base tecnolóxica. Tamén incorpora medidas clave para atraer e recuperar o talento internacional e nacional, favorecendo o establecemento en España de teletraballadores e nómades dixitais.

Así, ademais de reducir o tipo impositivo no imposto de sociedades e o imposto sobre a renda de non residentes, do tipo xeral do 25% ao 15% nos catro primeiros exercicios desde que a base impoñible sexa positiva, a norma facilita o uso das stock options como forma de retribución, pois eleva a súa exención fiscal de 12.000 a 50.000 euros anuais e atrásase a súa tributación ao momento en que se fagan líquidas, xa sexa pola venda das accións ou por unha saída a bolsa. Igualmente, flexibilízanse as condicións de xeración de autocarteira en sociedades de responsabilidade limitada.

A Lei tamén eleva a base máxima de dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación de 60.000 a 100.000 euros anuais. Un incentivo fiscal ao que se poderán acoller investidores e emprendedores. Ademais, o tipo de dedución pasa do 30% ao 50%, e fíxase en cinco anos o período no que se considera unha startup de recente creación (a sete en certos sectores).

Fonte: Cinco Días