Coquus optimiza a nutrición dos pacientes hospitalarios grazas a unha mellor xestión da información

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Novos Sistemas de Información nace a finais dos 90 no sector das TIC. Un dos seus primeiros proxectos foi Coquus, unha ferramenta para mellorar a nutrición dos pacientes hospitalarios mediante a dixitalización e automatización da xestión das dietas, manexando para iso un alto volume de datos sobre ingresos e altas de pacientes, as súas necesidades e gustos, tipoloxía de alimentos… Os beneficios van desde unha mellor seguridade e experiencia do paciente até a eficiencia na xestión e control dos menús, ademais de aforrar tempo aos profesionais de enfermaría e cociña, optimizando os custos hospitalarios. Actualmente está implantada en hospitais públicos e privados en todo o territorio nacional. A empresa foi unha das 20 pemes seleccionadas para o programa Connect-19, a aceleradora de empresas especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao impacto da COVID-19, impulsada pola Xunta e Tecnópole.

Para reducir o impacto social e económico producido pola COVID-19, melloraron a ferramenta, incluíndo consellos e mensaxes motivadores nos habituais cartóns de empratado, converténdoas nunha nova canle de comunicación co paciente, algo especialmente importante nestes intres de crise sanitaria.

Tal como explica Alberto Lázaro, director de Desenvolvemento de Negocio en Novos Sistemas de Información, “a principal aposta foi posibilitar os cribados nutricionais e o control de inxesta, o que permite aos equipos de nutrición loitar contra a Desnutrición Relacionada coa Enfermidade (DRE), un problema que afecta a máis do 25% das persoas hospitalizadas e que ten unha incidencia especial nos afectados pola COVID-19. É importante saber se a persoa se atopa en estado de desnutrición e se tomou toda a comida ou non.

A xestión manual dos menús fainos menos personalizables e aumenta as tarefas administrativas

Os responsables da firma destacan que “en moitos hospitais utilizan xa programas de xestión de dieta, pero o nivel de automatización é moi baixo. Séguese a facer moito traballo manual, o que significa menor atención ás personalizacións do paciente e con iso peor nutrición, maiores riscos de seguridade, máis persoal dedicado a tarefas administrativas en detrimento das clínicas… por tanto, maior custo”.

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela encargou a Novos Sistemas de Información o reto de mellorar todo o proceso implicado na alimentación dos pacientes e así nace a primeira versión de Coquus. “En Coquus existe un equipo de traballo desenvolvendo melloras e novas funcionalidades continuamente. Esa innovación aliméntase das suxestións dos clientes, das necesidades que identificamos, da análise de datos e o uso que os hospitais fan de Coquus e dunha estreita relación cos nosos clientes” -sinala Alberto Lázaro-.

A empresa está a medrar en España e introducindo Coquus noutros países europeos, con contactos moi avanzados en Portugal e incipientes en Reino Unido. Ademais, participan nun proxecto europeo cun consorcio internacional liderado por hospitais, que están a facilitar a súa entrada noutros mercados do continente. Tamén reciben solicitudes frecuentes de países como Arxentina ou México, que representan outro posible foco de internacionalización.

Fonte: Tecnópole