Coren adquire 4,7 millóns de quilos de castaña galega para os seus porcos Selecta

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Grupo Coren renovou o convenio de adquisición de castaña galega, alimento que destinarán á cría dos porcos para a súa gama Selecta. Segundo informou a cooperativa ourensá, o acordo de compra para este ano 2021 suporá a obtención de 4.720.000 quilos de castaña, que reverterán 7.080.000 euros ao campo galego. O volume adquirido representa a produción de 160.000 castiñeiros e 2.100 hectáreas de terreo, destaca a compañía.

A compra de castaña realízaa o grupo de alimentación cada tempada. O froito pasa despois por un proceso de pelado, cocción e conxelado para conservalo e telo dispoñible para todo o ano. Este ano, debido á praga da avispilla do castiñeiro, reduciuse a produción do froito, cuxa demanda tamén diminuíu debido á crise sanitaria derivada da covid-19. Coren mantivo o nivel de compra dos últimos anos, e con iso «desempeñou un papel estabilizador» no mercado.

Este convenio foi ratificado polo presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez-Franqueira Álvarez e por Jesús Quintá, xerente de Alibós, a maior empresa recolectora e transformadora de castaña de Galicia. Desde a compañía ourensá defenden «a implantación de medidas que permitan fomentar o cultivo de castiñeiros».

Coren apunta que a rendibilidade dunha plantación desta variedade coidada e con variedades de valor engadido é similar á dunha hectárea de viñedo. Ademais da reversión á economía rural, Coren destaca o factor ambiental de favorecer estas plantacións, pois os castiñeiros que se manteñen en produción para este fin -unhas 160.0000 árbores-? absorben 12.500 toneladas de CO2 ao ano. A cooperativa enmarca esta política de compras dentro do seu plan ambiental, que inclúe «producións campeiras e ecolóxicas en avicultura, porcino e vacún».

Nas súas instalacións de produción, Coren substituíu o fuel polo gas natural e instalou grandes caldeiras de biomasa, ten un proxecto de biometanización e tamén instalou placas fotovoltaicas nas granxas para reducir as emisións contaminantes á atmosfera e cumprir cos obxectivos do Acordo do Clima de París de 2015.

Fonte: La Voz de Galicia