Doce millóns para axudar a innovar ás micropemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O novo programa de impulso á innovación lanzado pola Administración galega destinará 12 millóns de euros para axudar ás pemes e micropemes a lanzar unha estratexia que lles permita diferenciarse e gañar competitividade nos mercados.

«O foco estará posto nas pequenas e medianas empresas con potencial para innovar pero que aínda non o fixeron, así como nas situadas en núcleos non urbanos. Deste xeito, búscase estender e facer partícipes do ecosistema de innovación galego a este tipo de empresas para que sexa dinámico e representativo de todo ou territorio, de todos os sectores e de todos os tamaños de compañías. De feito, involucrar ás pemes é unha das prioridades dos proxectos que Galicia está a presentar aos fondos europeos Next Generation», explicou o conselleiro e vicepresidente económico Francisco Conde.

A Xunta insiste na necesidade de favorecer as estratexias de colaboración do sector público co privado para fortalecer o tecido produtivo na recuperación económica.

Fonte: La Voz de Galicia