Os drons, o aliado perfecto para protexer a naturaleza (Aerocámaras)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Entre as moitas aplicacións que teñen os drons, preservar os espazos naturais e reducir emisións daniñas ao ecosistema é a que máis nos afecta a todo o planeta. Cos obxectivos 2030 sobre a mesa, sen dúbida os drons son un grande aliado para alcanzalos. Estes dispositivos utilizan potentes sistemas de control, sensores e cámaras que lles confiren unhas capacidades extraordinarias. Poden monitorear grandes extensións de terreo permitindo a localización temperá de calquera incidente e solicitar tantos tipos de datos como necesitemos para entender o ecosistema.

Moitas comunidades xa contan con aeronaves non tripuladas para vixiar espazos protexidos e detectar posibles anomalías ou comportamentos ilegais. Exemplo diso é a Axencia Galega de Innovación, que mostra un grande apoio a esas iniciativas desde o seu Programa de Solucións. Grazas ao mesmo, conseguirase un reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e a automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados.

Esta tecnoloxía permitiría levar un seguimento máis exhaustivo das verteduras de combustible ao mar, a pesca furtiva ou do fondeo de embarcacións que afectan o ecosistema mariño, como á Posidonia oceánica en Baleares. Unha práctica piloto que levou a cabo a empresa Drone to Yacht en Eivissa o pasado verán, onde coa axuda dos seus drons para actividades delivery fixo un seguimento da localización de embarcacións para protexer a Posidonia oceánica, e reduciu considerablemente as emisións contaminantes de fuel ao mar.

Este novo sistema de vixilancia une a científicos e ecoloxistas, xa que sobrevoar os espazos naturais con drons repletos de sensores e cámaras pode achegar información de alta calidade aos ecólogos e permitirá dar un impulso á ciencia no campo ambiental. Ademais, “permite detectar ao instante calquera situación prexudicial para o ecosistema e reducir o tempo de resposta para liquidala” -explican desde Drone to Yacht sobre a colaboración que prestan coas súas aeronaves na recompilación de datos de interese científico-.

A aposta por esta ferramenta está a se impor, xa que non só son valiosos para monitorear extensas áreas, senón que a súa actuación en contacto con aves e animais é totalmente respectuosa. Este novo labor dos drons xunto aos novos proxecto piloto que están a desenvolverse con éxito, sen dúbida supón un grande avance tecnolóxico e axudarán a xerar confianza entre aqueles que aínda ven aos drons como unha ameaza e non como unha ferramenta de axuda.

Fonte: RPAS Drones