Os drons do 092 estarán equipados con cámaras térmicas e recoñecerán rostros a 300 metros (Tecnópole)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A finais de setembro, no ceo coruñés empezarán a avistarse drons. Normalmente, a cidade é un espazo aéreo restrinxido pola proximidade do aeroporto de Alvedro, pero estes serán da Policía Local. Trátase de dous aparellos provistos de cámaras de aumento, e con capacidade térmica, de maneira que poderán actuar mesmo de noite. O Concello adquiriu dous destes aparellos, un para Tráfico, que o usará tanto para controlar a circulación como para o exame de accidentes, e outro para a Patrulla Verde, para controlar verteduras, entre outras cousas.

A empresa Aerocamaras é a encargada de fornecer non só estes aparellos, senón a formación aos policías locais, que aprenderán a pilotalos. O CEO de Aerocámaras, Jaime Pereira, comentou que cada vez son máis os corpos policiais municipais que adquiren estes aparellos. A Coruña non é nin moito menos pioneira. Outras poboacións, como Sanxenxo, xa se lle adiantaron. Foi desde Aerocamaras onde se escolleu o dron perfecto para cumprir coas esixencias da Policía Local.

Prestacións

O modelo escollido foi o Mavic 2 Enterprise Advanced: un dron DJI mellorado con visión dual, versátil e compacto con cámaras térmicas, zoom dixital de 32 aumentos e precisión centimétrica con RTK, o que resulta importante á hora de realizar recreacións de accidentes complexos, porque pode medir distancias cunha marxe de precisión moito maior que o GPS. “Eses 32 aumentos significa que pode facer un seguimento do rostro dunha persoa a 300 metros de distancia”, aclara Pereira.

Son similares en prestacións aos que a DXT comezou a utilizar na campaña deste verán, pero con excepcións: para empezar, os do 092 non están provistos de radar, así que non poden impor sancións de velocidade, aínda que si poderían detectar cando un condutor se salta un sinal, por exemplo: “Nisto, son como calquera outra cámara, e poden denunciarte”, comenta o experto. Ademais, son moito máis compactos que os da DXT, así que os axentes municipais poderán levalos nunha mochila.

“Escollemos un dron que recolle todas as características que van necesitar, compacto, cunha boa resolución radiométrica: garda a temperatura recollida e logo podes comprobala e sabes que temperatura había en cada punto da imaxe, explica o CEO de Aerocamaras. Esta función permítelle empregala para inspeccións, pero tamén para seguridade. O software que levan incorporado permitirá aos axentes mellorar a súa precisión cando estuden un accidente aínda que só se empregará nos máis complexos.

Mesmo o problema da proximidade do aeroporto está solucionado. “Dentro da lei hai excepcións, e atópanse as forzas e corpos de seguridade do Estado. Eles si poden operar cuns permisos especiais que llos xestionamos nós”, di Pereira.

Fonte: El Ideal Gallego