A empresa de Tecnópole Isos Digital é axente dixitalizador, facilitando que pemes, microempresas e autónomos accedan ao programa Kit Digital que promove o Goberno

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Isos Digital, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, é unha consultoría especializada no eido da dixitalización. Son axentes dixitalizadores adheridos ao programa Kit Digital, un programa de axudas económicas do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital que ten como obxectivo promover a transformación dixital das pemes, micropemes e autónomos, subvencionando a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado.

O director da empresa, Miguel Ángel González, sinala que, o seu papel como axentes dixitalizadores é “facilitar a pemes e autónomos o acceso a estas axudas, guiándoas en todo o proceso de tramitación e informándoas ademais das vantaxes que aporta a transformación dixital nas empresas”.

“Abordar a dixitalización é un proceso cíclico e de mellora continua que implica habituarse á nova contorna realizando diferentes cambios. Como consecuencia, as pequenas e medianas empresas deben adaptarse constantemente a circunstancias concretas como o incremento da compra e venda online, a xestión de procesos, xestión de clientes e provedores, presenza en internet, creación de páxinas web, xestión de redes sociais, facturas electrónicas, creación de oficinas virtuais… entre outras moitas posibilidades” -salienta o responsable de Isos Digital-.

Segundo cifras do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, as empresas de menos de 50 traballadores (micropemes e autónomos) teñen un papel moi relevante dentro da economía española, representando o 49,14% do emprego no país. “É por isto que o apoio ao emprendemento e ao desenvolvemento das pequenas e medianas empresas é clave para impulsar a economía dixital en España” -manifesta González-.

O programa busca a dixitalización de preto dun millón de pemes e autónomos

O programa Kit Digital conta cun orzamento de 3.067 millóns de euros, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Digital 2025 e o Plan de Digitalización de Pymes 2021-2025. Busca a dixitalización de preto dun millón de pemes e autónomos en todo o territorio nacional, co propósito de contribuír á modernización do tecido produtivo español durante os vindeiros tres anos.

Máis información: http://www.isosdigital.es/kit-digital/
Programa Kit Digital: https://www.acelerapyme.gob.es/kit-digital

Fonte: Tecnópole