A empresa Torus, gañadora dos Premios Emprendedor XXI en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa Torus resultou gañadora da edición 2014 dos Premios EmprendedorXXI por ser a máis innovadora e con maior potencial de crecemento de Galicia, así como polo seu elevado nivel de compromiso e motivación co proxecto que emprendeu.

Torus desenvolve e comercializa un novo protocolo de comunicacións substitutivo do IP actual, que posibilita acelerar aplicacións, por exemplo, en high frequency e big data.

Guillermo López Taboada, presidente de Torus, advertiu tras recibir o galardón de que o "talento se vai fóra" e non obstante "Galicia está exactamente no centro" dos tres puntos de referencia empresarial que son Madrid, Londres e Nova York, dixo, para facer fronte aos mercados.

Neste sentido, animou a unha vocación de internacionalización e a ser un referente para poder dicir "imos saír adiante" e que "non teñamos un país que vai a rebufo, senón que sexamos punta de lanza".

Un total de 24 emprendedores optaron a este galardón que entregaron a Xunta de Galicia e "a Caixa" e que distinguiu á empresa Monet, dedicada ás adegas, como segunda finalista, mentres que Bialactis, sobre probióticos, foi a primeira.

As outras compañías finalistas foron Kiply.com, que analiza e retroalimenta información da vida profesional das persoas; e Chemantec, spin-off da Universidade de Santiago sobre ensaios e seguridade alimentaria.

O gañador obterá un premio de 5000 euros e a participación no programa de acompañamento e networking da "Caixa", con estancias na Universidade de Cambridge e centros internacionais de innovación, e ademais clasificarase para a fase estatal dos Premios EmprendedorXXI, que se outorgarán no mes de novembro.

(Fonte: Innovamás)