Enerxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Así será a enerxía do futuro: biopilas para o almacenamento biolóxico

    A busca de fontes de enerxía sostible é un dos grandes retos da nosa sociedade. E se falamos de saúde aínda máis. O Instituto Tecnolóxico da Enerxía (Ite) está a traballar no desenvolvemento de sistemas de almacenamento de enerxía biolóxicos que permitan alimentar dispositivos médicos sen empregar outra enerxía que a propia que xera o corpo humano. O proxecto BioSenseCell permite desenvolver biopilas, dispositivos que conseguen a enerxía do propio organismo humano.

  • Unha batería de magnesio, vanadio e cromo para competir coas de litio

    A ninguén se lle escapa que as baterías de litio revolucionaron a tecnoloxía nas últimas décadas. Actualmente son utilizadas a escala mundial para alimentar dispositivos electrónicos, pero a pesar diso enfróntanse a desafíos en materia de seguridade, densidade enerxética e dispoñibilidade, xa que a maior parte dese material se concentra nuns poucos puntos xeográficos a nivel mundial.

  • Tecnoloxías menos tóxicas para a fabricación de células solares

    As perovskitas híbridas xeraron unha grande expectación nos últimos anos porque se presentan como unha alternativa moito máis barata ás actuais tecnoloxías para a fabricación de células solares de lámina delgada (TeCd, CIGS), sen detrimento de eficiencia. Non obstante, a súa comercialización presenta dous problemas fundamentais: adoitan conter chumbo na súa estrutura, un elemento altamente tóxico e incompatible coas "tecnoloxías verdes", e a súa baixa estabilidade, xerando ioduro de chumbo na súa degradación.

  • Un novo dispositivo produce enerxía e auga limpa á vez

    Investigadores da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía Rei Abdalá de Thuwal, en Arabia Saudita, lograron combinar nun único dispositivo a purificación de auga e a produción eléctrica con paneis solares. Os detalles da innovación publicáronse no último número da revista Nature Communications.

  • Fito europeo na produción de combustible solar

    A transición dende os combustibles fósiles aos combustibles de orixe renovable é un dos retos máis importantes aos que nos enfrontamos para o futuro. O proxecto SUN-to-LIQUID aborda este reto co obxectivo de producir combustibles renovables para o transporte a partir de auga e CO2 utilizando enerxía solar concentrada.

  • Máis cerca da economía circular: transforman residuos de macroalgas nun material altamente enerxético

    O ágar ou ágar-ágar é unha substancia xelatinosa obtida da parede celular de varias especies de algas dos xéneros Gelidium, Euchema e Gracilaria que se utiliza como soporte de cultivo en microbioloxía, para o crecemento de bacterias, fungos e virus bacteriófagos e tamén como xelificante na industria alimentaria. A súa produción industrial, non obstante, leva consigo a xeración dun elevado número de residuos en forma de macroalga que, ata o día de hoxe, non teñen aplicacións coñecidas.

  • Primeira ferramenta online para calcular a eficiencia enerxética das vivendas

    Alcanzar a eficiencia enerxética dunha casa obtendo a maior rendibilidade económica. Este é o obxecto da ferramenta on line RentalCal deseñada pola Universidade de Alacante (UA) xunto a expertos de oito países europeos. Trátase do primeiro instrumento, aberto a toda a poboación, deseñado para calcular incentivos e custos que implican as obras de renovación en vivendas orientadas a aumentar a eficiencia enerxética.

  • Un novo impulso europeo á mobilidade baseada no hidróxeno

    Que debería asentarse antes, ¿o coche ou a estación de servizo? Varios socios dedicados á mobilidade baseada no hidróxeno propóñense abordar ambas as dúas frontes ao mesmo tempo.

  • Sen po nin sucidade: a solución da nanotecnoloxía para os sistemas fotovoltaicos

    Os sistemas fotovoltaicos, capaces de extraer enerxía limpa e sustentable da luz solar, acumulan sucidade e partículas de po, auga e area. Este fenómeno supón unha redución da enerxía lumínica que chega ás celas fotovoltaicas e, segundo algúns estudos, diminúe a produción de enerxía ata un 50%. Polo tanto, é esencial que estas celas se manteñan limpas. Non obstante, o proceso rutineiro de limpeza e mantemento pode ter un custo bastante alto e supoñer un gasto de auga innecesario.

  • O CTAG refórzase cun laboratorio de baterías para coches eléctricos e híbridos

    A irrupción do coche eléctrico parece -agora si- imparable e a industria viguesa do motor quere seguir en vangarda tras a profunda transformación que se aveciña. Para conseguilo, innovar sobre as baterías de ión-litio que alimentan este tipo de vehículos resultará vital. É por iso que o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o cerebro do sector, está a construír un novo laboratorio de ensaios para baterías no que se investirán máis de 2 millóns de euros, segundo puido saber este xornal.

Páxinas