Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) deseñaron un sistema de fachada ventilada na que, grazas ao control do fluxo do aire mediante unha dobre cámara, se obtén un considerable aforro de enerxía en todo o edificio.
Ourense acolleu a pasada semana a primeira reunión do proxecto GEOAtlantic, cofinanciado con fondos europeos, promovido dende o propio Concello da capital e na que participaron representantes dos cinco países europeos implicados, España, Irlanda, Reino Unido, Bruxelas e Portugal, unidos no proxecto común de impulsar iniciativas alimentadas con enerxía xeotérmica.
Acciona lanzou a primeira aceleradora corporativa de startups nos sectores de enerxía e infraestruturas de España e unha das primeiras de Europa, ampliando así as súas iniciativas cara a un modelo de innovación aberta e ratificando o seu liderado en I+D+i nos seus sectores de actividade.
Xa non son tan caros. Cada vez hai máis modelos, e máis puntos de recarga, e son os únicos que tiveron axudas á compra este ano. Non hai máis que ver as cifras de evolución das vendas para comprender que, se hai oferta e o prezo é razoable, a motorización eléctrica é a aposta de futuro.
Empecemos coas cifras: 500 metros de alto, 200 metros por aspa e unha capacidade de 50 megavatios. Case nada. O proxecto SUMR da Universidade de Virxinia aínda está en desenvolvemento, pero marca as claves de cara a onde vai a enerxía eólica: cara á construción de xigantes cada vez máis grandes. E ten sentido.
Zero Mass Water, unha startup estadounidense que colaborou con investigadores da Universidade de Arizona, creou Source, un panel solar que é capaz de xerar ata cinco litros ao día de auga apta para consumo humano extraéndoa da humidade do aire.
Empecemos coas cifras: 500 metros de alto, 200 metros por aspa e unha capacidade de 50 megavatios. Case nada. O proxecto SUMR da Universidade de Virxinia aínda está en desenvolvemento, pero marca as claves de cara a onde vai a enerxía eólica: cara á construción de xigantes cada vez máis grandes. E ten sentido.
Acciona participou por primeira vez nun rally europeo cun coche de competición. Foi na Baixa Italia, na 24ª edición, que tivo lugar entre o 15 e o 18 de xuño, co seu coche cero emisións Acciona 100% Ecopowered, o primeiro vehículo que competiu oficialmente a través da Federación Internacional de Automovilismo (World Cup for Cross Country Rallies FIA). O torneo conta a partir deste ano cunha categoría especial para vehículos eléctricos, o que serviu ao coche de “segunda posta en escena” tralo Rally de Marrocos da temporada pasada.
A enerxía eólica é un mercado global bastante maduro, pero aínda queda moita marxe, para que as futuras innovacións axuden a reducir custos. Nin os fluxos de investimento privados nin públicos cesaron, polo que se esperan novos desenvolvementos, que axudarán a industria da enerxía eólica, a continuar o seu crecemento récord.
A celulosa, hemicelulosa e lignina son as principais substancias da parede celular das plantas e delas pódese obter papel, filme para embalaxe alimenticia ou bioaceites.