Non é ningunha sorpresa que o mundo se dirixe cara a un consumo de enerxías renovables, onde os automóbiles están a formar parte importante deste cambio con fabricantes como Tesla e outros que están a apostar por coches 100% eléctricos. O interesante disto son os prognósticos, xa que cantos máis fabricantes haxa traballando en sistemas eléctricos e baterías, maior será a caída nos prezos que beneficiará a todos.
Fabricar baterías de ión-litio que resulten máis eficientes, baratas, resistentes e seguras que as convencionais. Con este obxectivo, investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) patentaron un método para fabricar novos eléctrodos cerámicos que se utilicen para a produción desta nova xeración de baterías.
Científicos europeos investigan como embalsar aire, igual que se fai coa auga na enerxía hidroeléctrica, como unha especie de batería capaz de almacenar enerxía renovable. Os investigadores do proxecto de investigación RICAS 2020, auspiciado pola UE, teñen en mente todas as partes do mundo onde as cavernas seladas en desuso poderían ser usadas como sitios de almacenamento.
Un equipo de investigadores do Instituto de Enerxía Solar (IES) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) desenvolveu un modelo que permite predicir a produción de enerxía dun sistema fotovoltaico partindo dunha mínima información meteorolóxica.
O centro tecnolóxico Aimen participa nun proxecto europeo que persegue optimizar a sustentabilidade e eficiencia da fabricación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar mediante o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan producir células e paneis fotovoltaicos reducindo o seu impacto ambiental e o consumo de recursos.
En Sandpoint, Idaho (Estados Unidos), instalaron a primeira beirarrúa de placas solares, unha superficie transitable, resistente ás inclemencias do tempo e que pode axudar a aforrar enerxía á cidade. A instalación situouse no medio dunha das prazas máis concorridas da cidade. Chama a atención polo seu colorido e brillo, debido aos LED integrados nas baldosas que se iluminan grazas á enerxía limpa procedente do sol.
Australia será a encargada da próxima construción do que será o primeiro rañaceos solar no mundo, situado na cidade de Melbourne dentro do barrio de Southbank, a un quilómetro do distrito central de negocios.
Investigadores da Universidade de Illinois deseñaron unha célula solar que converte de forma barata e eficiente o CO2 directamente en combustible hidrocarburo, usando só a luz solar.
A enerxía solar, que é probablemente a mellor alternativa para que comecemos a substituír os combustibles fósiles que nos danan a nós e ao noso planeta, está felizmente nunha etapa de expansión.
Sabemos que a tecnoloxía avanza dunha forma impresionante. Clara mostra diso é que hai xa uns meses coñecemos a noticia de que un grupo de investigadores do MIT desenvolveran unha célula solar de tan só 1,3 microns, un logro que abría as posibilidades cara a dispositivos capaces de xerar enerxía dunha forma sinxela e sen necesidade de conectarse á enerxía eléctrica.