Escasean os especialistas en intelixencia artificial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un novo estudo de IBM revelou a magnitude do déficit de competencias en Intelixencia Artificial (IA) en toda Europa. A exhaustiva enquisa, na que se entrevistou a 3000 persoas entre empregados, empregadores e candidatos do sector tecnolóxico en Alemaña, España e Reino Unido, revela que o sector ten dificultades para atopar profesionais con coñecementos ou experiencia adecuados en materia de IA. Un déficit que pode minar a innovación dixital e frear o crecemento económico.

O informe de IBM “Abordando la brecha de habilidades de IA en Europa” amosa unha preocupante carencia nas habilidades requiridas para desenvolver unha carreira profesional na área de IA. Aínda que as capacidades técnicas son vitais para unha carreira no sector, todos os participantes na enquisa consideran que a resolución de problemas é a aptitude máis importante para os postos tecnolóxicos (até un 37%). Con todo, ao redor dunha cuarta parte dos recrutadores (23%) manifesta que ten dificultade para atopar candidatos con esta aptitude, á que se suman outras carencias no pensamento crítico e estratéxico.

Ademais das soft skills, o 40% dos recrutadores e empregados afirma que a enxeñaría de software e o coñecemento de linguaxes de programación son as habilidades técnicas máis importantes que deben ter os equipos de IA/tecnoloxía. A pesar de que algunhas empresas tecnolóxicas invisten en formación, a enquisa amosa que aínda hai marxe de mellora. Os empregados do sector tecnolóxico en España e Alemaña (42%) teñen a posibilidade de formarse en áreas como linguaxes de programación, enxeñaría/análise de datos e enxeñaría de software. No Reino Unido só o 32% do persoal recibe este tipo de formación, e o 27% céntrase especificamente en enxeñaría de software, unha habilidade clave relacionada coa IA.

En España cada vez búscase un maior número de profesionais para desenvolver a súa carreira na área de IA e os recrutadores amosaron neste estudo cales son os aspectos que máis valoran. Un 40% destaca a importancia de contar cunha titulación en análise ou ciencias dos datos; o 34% considera imprescindible contar con coñecemento de linguaxes de programación e o 31% valora a experiencia en machine learning.

Fonte: La Razón