España progresa no índice de ciberseguridade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

España conseguiu subir do sétimo ao cuarto posto no Índice Global de Ciberseguridade (GCI, polas súas siglas en inglés) da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), o organismo especializado en telecomunicacións da Organización das Nacións Unidas (ONU). Ademais, no ámbito europeo, España atópase no segundo lugar, só superada por Estonia. Por outro lado, a iniciativa do Executivo de Ursula von der Leyen, ‘Joint Ciber Security Unit’, para protexer á UE e responder a ciberataques masivos, tomou como guía o modelo español.

A directora xeral do Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), Rosa Díaz, asegurou que España está «comprometida» coa ciberseguridade, fronte a unha práctica ilícita que, segundo destacou, move «máis diñeiro que o narcotráfico» e que «supera economicamente a todo o resto de delitos».

A tecnoloxía avanza como datos en fibra óptica e os marcos normativos moitas veces van por detrás da realidade cibernética. Díaz quixo destacar que o noso país está a ultimar a «elaboración dunha ‘Carta de Dereitos Dixitais’ cuxo obxectivo é asegurar que os dereitos dos cidadáns se equiparen nos dous mundos que todos habitamos na actualidade: o mundo dixital e o mundo analóxico. Así, esta iniciativa pretende situar a España á cabeza do «humanismo tecnolóxico».

Os fondos Next Generation EU serán clave para potenciar a dixitalización. O noso país é o segundo máis beneficiado polo paquete de fondos de rescate máis ambicioso da historia. As axudas constan de 200.000 millóns de euros -ao redor do 3% do PIB anual- dos cales se prevé investir 72.000 millóns nos vindeiros tres exercicios. Só a transformación dixital contará cun 33% dos fondos.

Fonte: El Mundo