O eucalipto segue a acaparar o 58% das cortas de madeira en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Máis de nove millóns de metros cúbicos de madeira aproveitou Galicia o pasado ano, segundo os datos facilitados pola Xunta a través da nova plataforma web na que se colgou toda a información relativa ao sector forestal. Desta cantidade, un 58% correspóndese co eucalipto, especie esta que, aínda que segue a copar a actividade forestal da comunidade, mantén unha tendencia á baixa desde 2018.

Os datos da Administración autonómica tamén deixan ver que o pasado ano se rexistrou un lixeiro descenso nos aproveitamentos madeireiros galegos, onde houbo unha caída do 6,87%, que se achaca a que foi un exercicio marcado pola crise do coronavirus.

A nova ferramenta informática foi deseñada pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e permite atopar datos da estrutura da propiedade en Galicia e das producións madeirables. Estes son os dous primeiros ámbitos de información que xa se desenvolveron e aos que, nas vindeiras, iranse incorporando novos campos, como a superficie ordenada, a que está en xestión pública, as empresas do sector forestal ou os tratamentos de loita biolóxica que se realizaron nos últimos anos.

A través desta nova ferramenta pódese saber, por exemplo, que en Galicia existen 234 montes públicos, que ocupan unha superficie de 53.636 hectáreas. Tamén, que hai 3349 montes comunais, cunha superficie media de 199 hectáreas. Por último, están rexistrados outros 42 montes de varas e 19 agrupacións forestais inscritas.

Durante o pasado ano, tramitáronse un total de 65.374 expedientes madeireiros en terreos de xestión privada, o que supón un 3% menos. Aínda así, as curtas de madeira superaron os 8,8 millóns de metros cúbicos, fronte ás 9,4 de 2019. Respecto aos montes xestionados pola Xunta, o número de expedientes limitouse a 213, un 11% menos. Tamén descendeu nun 10% o volume destas curtas.

Fonte: La Voz de Galicia