Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A CE inicia un novo programa de empréstitos destinados a innovación en pemes

A Comisión Europea (CE) e o Grupo Banco Europeo de Inversión (BEI) puxeron en funcionamento un novo mecanismo de garantías de empréstitos europeos para apoiar a innovación nas pequenas e medianas empresas (pemes).

Os parques españois formulan unha estratexia común para participar na xestión dos programas de Horizonte 2020 e os Fondos de Cohesión

A estratexia inclúe que a Unión Europea recoñeza os parques ibéricos como organismos intermedios para a xestión dos fondos comunitarios e por outro lado estreitar alianzas cos parques latinoamericanos de forma que se favoreza a internacionalización das empresas.

Un estudiante da Universidade de Vigo, premiado por crear un teclado para discapacitados

O novo enxeñeiro da Universidade de Vigo Jonathan Juncal acaba de recibir un premio tras crear un teclado virtual que permite interactuar ás persoas con discapacidade. A Fundación Universia e a Fundación Vodafone galardoaron esta idea como o segundo mellor proxecto de fin de carreira de toda España.

O investimento en I+D da industria farmacéutica caeu un 5% en 2011

A industria farmacéutica atópase en horas baixas. Os investimentos en I+D do sector caeron un 5,3% en 2011, ata situarse en 974 millóns de euros. Segundo Farmaindustria, o forte impacto das medidas de contención do gasto en medicamentos en 2010 e 2011 tivo a culpa.

AIMEN lidera un proxecto europeo de máis de 2 millóns de euros para desenvolver sistemas de baixo custo para tratamento de augas en India

O centro tecnolóxico galego AIMEN lidera un proxecto europeo de I+D para desenvolver plantas piloto de tratamento de augas residuais urbanas en India, co fin de mellorar o saneamento neste país. SWINGS ("Safeguarding Water resources in India with Green and Sustainable technologies") é un traballo de investigación internacional que recibiu un financiamento de 1.904.743 euros do Sétimo Programa Marco de I+D da Unión Europea e 687.000 euros do Goberno indio.

O cancro ten aplicacións industriais

Unha explicación apócrifa asegura que o nome do nailon é un acrónimo composto por Nova York (NY) e Londres (LON), as dúas cidades das que procedían os seus inventores. E, por esa regra de tres, ben podería pasar a chamarse nylondur, por Durham, a cidade de EE.UU. onde uns investigadores se toparon cunha posible vía para fabricar nailon cando estudaban os mecanismos do cancro.

Nanopartículas contra o envellecemento

Un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) participou no desenvolvemento dun nanodispositivo intelixente que senta as bases para o desenvolvemento futuro de novas terapias contra o envellecemento.

Contidos dixitais para a vida diaria

Grazas ao proxecto Adapta miles de sensores instalados en marquesiñas ou no teléfono captarán as emocións persoais para ofrecer a información máis útil para cada individuo en cada momento.

Nace un novo proxecto público-privado de innovación aberta para reposicionar 20 fármacos

Un proxecto público-privado de innovación aberta para descubrir novos fármacos baseados en reposicionamento (repurposing) -resultado dun acordo de colaboración entre a Plataforma Drug Discovery (PDD) do Parc Científic de Barcelona (PCB) e as empresas SOM Biotech e Metasbio, con sede no PCB- obtivo unha axuda de 441.884 de euros da Fundación Xenoma España a través da liña de crédito Innocash.

Tecnópole celebra un novidoso encontro empresarial que vincula a innovación cos cinco sentidos

O vindeiro 5 de outubro Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole celebra un encontro que busca estimular a innovación aberta entre as súas empresas mediante un enfoque diferente ao convencional. Os asistentes participarán nunha experiencia que, a través de estímulos sensoriais, lles permitirá interrelacionarse e compartir coñecementos e oportunidades para colaborar en proxectos innovadores.

Galiciencia 2012 estrea a súa páxina oficial en Facebook

A feira científica organizada por Tecnópole, Galiciencia, acaba de estrear a súa primeira páxina oficial en Facebook.

Tecnópole expón as súas iniciativas a favor do emprendemento innovador no marco do proxecto europeo NACCE

A directora de Tecnópole, Luisa Pena, participou como mentor no I Foro de Innovación que se celebrou en Ourense no marco do proxecto europeo NACCE. A súa intervención centrouse nas iniciativas que a entidade que dirixe puxo en marcha no ámbito do emprendemento innovador. A xornada tivo lugar a semana pasada na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus ourensán da Universidade de Vigo.

Páxinas