A industria aeronáutica xa está en plena recuperación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A industria aeronáutica galega busca iniciar a senda de recuperación cun crecemento sostido nos 90 millóns de euros anuais e unha empregabilidade de 1260 traballadores. Así o expuxo o Consorcio Aeronáutico Galego. “Actualmente, temos máis de 40 membros asociados ao CAG, empresas de primeiro nivel que traballan directamente para os grandes fabricantes aeronáuticos en todo o mundo” explicou o presidente do CAG, Enrique Mallón, facendo referencia á consolidación do sector nos últimos anos.

Na mesma liña, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, tamén celebrou que “estamos ante un sector emerxente, en clara recuperación, con grandes oportunidades tanto na construción de estruturas como no segmento de avións non tripulados”. Tamén indicou que desde o Goberno autonómico continúase “apostando pola colaboración público-privada, estando preto do sector e das empresas” e “apostando polos Fondos Europeos a través do Perte Aeronáutico, onde as diferentes empresas poderán reforzar os seus investimentos e os seus proxectos de innovación”.

Conde manifestou que agarda que o esforzo conxunto que se está a realizar desde Galicia sexa o mellor aval para formar parte deste Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do sector, aprobado este ano polo Goberno central e co que se prevén mobilizar preto de 4500 millóns de euros para impulsar a I+D+i nos sectores aeronáutico e espacial. “Nese sentido”, engadiu, “o Polo Aeronáutico de Rozas busca resolver a convocatoria de compra pública pre comercial, pechando contratos que se van desenvolver coas principais aeronáuticas para captar proxectos de innovación e deixar unha pegada industrial importante”.

O Polo, que ten en execución 84 millóns de euros, está pendente da incorporación de novos socios e aspira a participar no Perte Aeroespacial para poder mobilizar 540 millóns de investimento público-privado se consegue apoios procedentes dos fondos europeos.

Fonte: El Correo Gallego