O Instituto Tecnolóxico de Galicia liderará a transición cara a unha enerxía sostible en España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un dos poucos aspectos positivos que deixará a pandemia é unha oportunidade histórica para crear unha sociedade dixital e sustentable. As axudas europeas para combater a crise económica ascenden a 140.000 millóns de euros. O plan de reconstrución obriga aos países a destinar un 33 % á dixitalización e outro tanto á transición enerxética. Así, España pode retomar o camiño que emprendeu hai unha década e que lle permitiu converterse nun referente mundial en enerxías renovables. Esta vez parece que non haberá tantos obstáculos para chegar até o final.

O reto é descomunal, pero xa está en marcha e Galicia será un activo importante. O Instituto Tecnolóxico de Galicia foi un dos cinc ocentros elixidos polo Goberno para materializar o cambio de modelo enerxético. «Vaise descentralizar toda a xeración actual de enerxía e vaise producir en contornas locais, desde un pobo a un polígono. Toda esa enerxía hai que xestionala, tanto internamente como a interacción coa rede e o mercado eléctrico. Xorden, por tanto, moitos problemas que cómpre solucionar», explica Santiago Rodríguez, director da División de Enerxía de ITG.

O centro galego deseñará o software encargado de realizar a xestión íntegra das novas redes. «Imos implantar algoritmos de predición baseados en intelixencia artificial que nos dirán cales son as mellores zonas de explotación en función do clima e mesmo anticipar canta enerxía se vai consumir e demandar. Neste sentido, combinamos dixitalización e transición enerxética», apunta.

O financiamento europeo obriga a apurar os prazos para a implantación do novo modelo enerxético: «O que parecía unha necesidade para dentro de oito anos agora terá que ser en tres. Neste tempo temos que conseguir que as comunidades locais sexan enerxeticamente positivas. É dicir, que produzan máis do que consomen e poidan exportar o excedente a outras contornas», conclúe Rodríguez.

Fonte: La Voz de Galicia