Seleccionar as variedades de mazá de maior calidade, potenciar o seu cultivo, avaliar os consumidores e poñer a punto técnicas de elaboración que permitan relanzar a produción e comercialización de sidra galega. Estes son os obxectivos que persegue un proxecto de investigación promovido por un equipo da Escola Politécnica Superior de Lugo e que, coordinado por Belén Díaz Hernández, está previsto que finalice en setembro.